logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra notario como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.10 Rows
- Número de acepcións atopadas: 10.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (4), CRONOLOXÍA (1), CANTIGAS DE SANTA MARÍA (1), VOCABULARIO 1275 (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
notario
subst. .- subst. 'persoa especializada na confección de instrumentos de significación xurídica'. No DRAE, "En lo antiguo, escribano, fedatario. Después se dio este nombre exclusivamente a los que actuaban en negocios eclesiásticos"; " El que en lo antiguo escribía con abreviaturas"; " el que escribía al dictado". Notario, "per juramento que fazedes per este notario aos Santos Auãgeos" 1.11 (1332); "escriuị de mãdado do dito notario" 1.31 (1332); " Johán Díaz, notario" 1.36 (1332); "et concãbearõ per carta feyta per notario et segũdo se ẽna dita carta contẽ" 2.13 (1341); "notario de Sardineyro" 5.33 (1345); "me forõ pagados en presença desste notario et testemoyas" 6.16 (1373); "et esscosador por Ffernãd' Affonso, notario de Postomarquos et da Proobra do Dayán" 6.27 (1373); "a paga deue de seer feita en presença de notario et testemoyas" 12.18 (1394); "outorgey esta carta de venda ante o notario so escripto" 12.29 (1394). Pola documentación estudiada deduzo tres tipos de notarios: notario público jurado, notario apostólico, notario real. Chamábanse jurados debido ó xuramento que facían do seu cargo ante a autoridade correspondente fora civil, eclesiástica ou real.
____ O notario jurado, notario público jurado, era o 'notario xeral ou ordinario elixido por designación das vilas, cidades, etc.'. A capacidade para actuar como fedatarios estaba limitada a unha localidade concreta. Notario jurado, "Eu, Martín Díaz, notario jurado do conçello de Noya" 1.29 (1332); "o qual eu, Johã Díaz, notario jurado do conçello de Noya" 1.33 (1332); "escusador por Esteeuõo Peres, notario jurado do conçello de Noya" 2.38 (1341); " Esteuõo Peres, notario jurado do conçello de Noya" 4.37 (1343). Notario público jurado, "Eu, Affomso Eanes, notario jurado do sseñor arçibispo de Santiago en ssúa vyllla et couto de Ssardineyro" 3.29 (1342); "Et eu, Bẽeyto Martiz, notario público jurado do conçello de Noya porllo señor arçibispo de Santiago" 7.27 (1376); "Eu, Pero Afonso Santiages, notario público jurado do conçello da vylla de Noya porllo señor arçibyspo de Santiago" 8.64 (1381); "Et eu, frey Rrodrigo de Poyo, monje do dito moesteiro et notario ppúblico porla abtoridade do señor arçibispo de Santiago en todo seu arçibispado" 22.36 (1403); "Eu, Lopo Rrodriges, notario público jurado ẽna vila de Noya porlo señor arçobispo de Santiago" 31.87 (1417)
________ O notario real era 'o nomeado polo rei'. A diferencia do notario público tiña autoridade para actuar en tódolos territorios do Reino, aínda que tamén aparece, ó mesmo tempo, como notario dunha vila ou localidade concreta e xurado da autoridade eclesiástica (o arcebispo) como o notario público. "E eu, Fferrnán Lopes de Lamas, escripuano del rrey et rreyna, nostros señores, et su notario ẽna súa corte e en tódoslos seus rreynos et señoríos e notario públiquo jurado do conçello da vila de Noya et de seu jusgado porla ygilleia et arçobispo de Santiago" 28.145, 146 (1412); "eu, Gonçalo Garçía, escriuano de cámara de noso señor el rrey et seu notario público ẽna súa corte et en tódoslos seus rregnos et notario público jurado do conçello da villa de Noya et seu julgado porla iglleia de Santiago" 31.94, 95 (1417).
________ O notario apostólico era o que 'pertencía á audiencia do arcebispo'. Era nomeado pola autoridade eclesiástica e ocupábase dos actos e asuntos da igrexa; normalmente era un clérigo. " Pero Afonso, notario apostóllico, et seelada do seelo da audiençia do señor arçobispo" 32.12 (1419); " Pero Afonso, notario apostólico" 32.55 (1419); "eu, Affonso Peres de Noya, clérigo, notario público porlla avtoridade apostólica" 33.30 (1421). Hai 241 ocorrencias véxase o listado s.v. notario. Para maior información sobre este termo vid. Barreiro Notario.

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{notario
noteyro
notaro}
.- NOTÁRIO (1594b: 1300; notairo 1274): 1254 "eu S. P. notario" (em Sponer 116.22) (id. 1256 p. 117.24); 1257 "Pedro G. notario" (Ferro 19.2); 1242-1252 "notario iurado... Ruy Pirit" (Salazar 7.11, 22); 1257 "eu M. P. notario jurado" (id. 26.28); 1261 "eu J. P. noteyro iurado" (id. 47.8); 1271? "eu M. P. notaro" (Salazar 62.6); CSM 377 "o notario" (48), etc.

W. Mettmann (1972): Cantigas de Santa María de Afonso X, o Sábio. Vol. IV (Glossário). Coimbra: Universidade.
notario
s. m s. m.: 377.48 fez contra o notario que el Rey cara sannuda / lle mostrou.

M. de Miguel (1977): Vocabulario gallego medieval en documentos del s. XIII anteriores a 1275. Memoria de licenciatura. Universidad de Valladolid.
notario
notaro
noteyro
subst., .- subst., 'notario'. Del latín NŎTĀRĬUM; a. 1257 "Eu Martinus Pelaez notario jurado" (26.28); a. 1258-61, 43.23,25; a. 1259, 45.7; a. 1260, 29.2, 30.18; a. 1262, 49.2; a. 1265, 50.14, 51.4,30; a. 1266, 53.6-7,9; a. 1268, 55.22; a. 1269, 56.29; a. 1270, 58.14; a. 1271, 60.12,13; a. 1272, 63.23,25-26; a. 1273, 65.6; a. 1274, 66.20; a. 1275, 68.11,12, 69.13,15,19, 71.3; a. 1271 "et eu Migell Petriz notaro jurado" (62.6); a. 1261 "Eu Johan Paaez noteyro iurado" (47.8).

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
notario
s. s. "Notario, funcionario público que redacta e dá fe dos contratos, testamentos, etc., conforme ás leis".
____ notario (60): "o notario Gomes de Nemãcos" 190, "Ferrnand Gomes d' Ouçẽça, / notario de terra de Salnés" 371, "escriuano del rrey e notario de terra / de Postomarcos" 424, 562, 717, 730, 738, 819, 869, "en presença do notario desta carta e testigos" 932, 953, 967, 972, 1025, 1058, 1081, 1166, 1235, 1264, 1412, 1428, 1465, 1522, 1525, 1553, 1557, 1716, 1719, 1720, 1728, 1736, 1744, 1752, 1809, 1810, 1813, 1858, 1863, 1865, 1869, 1875, 1880, 2161, 2221, 2223, 2344, 2360, 2364, 2381, 2459, 2463, 2469, 2496, 2500, 2632, 2768, 2877, 2932, 2941, 2968.
________ Do lat. notarius "secretario". Desde o séc. XIII, a partir de 1242-1252 nun texto gal. e nas CSM; tamén se atestan as variantes noteyro en 1261, notaro en 1271?, en textos galegos; notairo en 1274 nun texto port. (Lorenzo Cronologia s.v.). En Montederramo hai unha documentación anterior de notairo, en 1269; ademais, notario en 1259, notariu en 1260, notaru en 1267 e notaro en 1274 (Martínez Montederramo s.v.). A forma maioritaria na Idade Media en port. era tabellião, aínda que modernamente restituísen o cultismo notario, que foi a habitual nos textos galegos durante toda a historia; véxase Boullón/Tato Léx. xur., e tamén Parkinson Tabeliães.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL