logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra onte como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.3 Rows
- Número de acepcións atopadas: 3.
- Distribución por dicionarios: LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
onte
adv. adv. "Onte, no día que precedeu inmediatamente ó de hoxe".
____ onte (1): "onte, quinta feyra, que forõ XIIIJº djas do dito mes" 1101.
________ Do lat. ad nŏctem, orixinariamente 'na noite do día anterior' e de aí estende a súa significación ó conxunto do día. Documéntase no XIII nunha cantiga de escarño de Pero Garcia Burgales (Lorenzo Cronologia s.v. ontem), baixo a forma oonte. O DELP (s.v. ontem) rexistra oontem en texto port. do XIV e un extraño ootem no XV. No DCECH (s.v. noche) onte tírase dunha forma ãoite que debe ser hipotética ante a ausencia de testemuños, aínda que hai un ooyte en 1473 (Elucidário s.v.). Hoxe é ontem en port. e onte no galego común, do que a nosa atestación é a primeira e única medieval que localizamos. No XVIII aparecen onte e ontre como equivalentes (Sarmiento Catálogo p. 318), aínda que esta última variante, con r epentético, non ten outros testemuños, antigos ou modernos, a non ser como variante de entre. Hoxe hai, sen embargo, un r nas composicións nantronte e noutronte "antonte", pero deben ter base en outro. A variante dialectal rexistrada de onte é ontes con adición de -s adverbial. A relación destas e outras formas vivas pode verse en García GVGH s.v. antonte e onte.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL