logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra outõ como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.3 Rows
- Número de acepcións atopadas: 3.
- Distribución por dicionarios: LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
outõ
m. m. "Outón, parede lateral dunha casa que remata en ángulo para verque-las augas da chuvia".
____ outõ (3): "Foro que feso Sueyro Gomes ao forneyro de / Terrío do outõ da súa casa" 223, 1525, "para que façades casa ao outõ da outra vosa casa" 1979; outón (1): "hũa súa / casa, (...) que pousa e ha de pousar ẽno outón da casa que foy e quedou do dito Gomes de Nemãcos," 1556.
________ Der. de outo (lat. altus), que non aparece illada e só se rexistra en topónimos. A principal referencia que localizamos desta voz dánola Sarmiento: "úsase hoy y es voz antigua. Significa en las casas aquel ángulo que hacen las paredes; y cuando vierte aguas a todas partes llaman casa de roda, y casa de outón cuando sólo a dos" (Sarmiento Catálogo p. 329); despois cita documentación pontevedresa dos anos 1424, 1477 e 1503 (pp. 381, 391 e 385 respectivamente). No DCECH recóllese esta información pero dáse por erro o ano 1553 no canto do 1503. Está en Valladares, Cuveiro e E. Rodríguez, que probablemente a tomen de Sarmiento. Respecto ó seu uso moderno, en Frampas II (s.v.) asígnaselle equivocadamente xénero fem. e precísase que é a "pared de casa que acaba en ángulo y en el que apoya la trabe do cumio; outoeira es propiamente el ángulo superior", recollido en dous puntos do sur de Galicia (Beariz e A Lama); engade unha doc. (foro de Miñán, no Morrazo) do XVIII. En Marín, Pontevedra, desígnase así a pedra de protección que remata o extremo do tellado do hórreo (García GVGH s.v.). Na Idade Media funcionou como sinónimo outueyra en 1454 e abtoeyra 1447, así como autueyra (vid. Pensado Rec. Corominas, p. 306).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL