____ | |
Paçéfica posisón, 'sen violencia, coacción ou obrigación imposta'. Sintagma usual nos documentos notariais que indica acordo no acto xurídico. Paçéfica, "quero et outorgo que as podades entrar et tomar et rresçeber o jujr et paçéfica posisón per vós mesmos ou por quen vós quiserdes et sen mandado de alcallde et de juịs (...) et sen pena et calupnja algũa fagades del (...) toda vosa vontade (...) syn meu enbargo" 55.30 (1476). Paçífiqua, "vos fago et coonstituyo propiatarja et verdadeyra señora do dito casal (...) et quero et outorgo que o posades entrar, tomar et rreçeber o jur et paçífiqua posisón del por vós mesma ou por quen vós quiserdes, sen mandado de alcalde nẽ de juịz nẽ de justiçia nẽ de outra persona que poder teña et aja para elo, et sen pena et calunja algũa" 64.23 (1493). |