pelote pellote
| subst. |
subst. 'peza de roupa utilizada polos homes de calquera condición social. Identificouse co traxe caracterizado por ter dúas aberturas laterais que descubrían gran parte do torso e das cadeiras, podía ter forro de pel, pano, tea ou carecer de forradura'. Pellote, "Et mays me auedes de dar hũu pellote de vallãçina a mỉ, a dita María Peres, et a mỉ, o dito Migell Leyto, hũa saya de vallãçina" 11.20 (1390). Pelote, "eu de vós rreçebo (...) a dita contía, et mais pano de Aragõ para vn pelote et para hũa capa, de que me dou por entrega, contenta et paga" 58.34 (1480). |