logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra persona como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.8 Rows
- Número de acepcións atopadas: 8.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CRÓNICA XERAL (1), HISTORIA TROIANA (1), LIBRO DE NOTAS (5).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
persõa
persona
pesoa
pesõa
subst. subst. 'individuo da especie humana'. Aquí emprégase para designar a alguén, home ou muller, indeterminado. De feito, na maioría dos casos pódese substituír polos indefinidos 'alguén' ou 'ninguén' segundo o contexto. Persona, "E avendo vós de vender (...) este foro, que o façades a nós (...) et nõ o querendo nós, que entõ o façades a atal persona que seja mysuráuel et bõo rreparador et page ben o dito foro" 30.42 (1415); "o posades vender et sopenorar et concãbear a atal persona que nõ seja poderosa, mays que seja semjtable de vós" 31.66 (1417); "nõ deuedes vós (...) vender nẽ allear nen concanbear (...) nẽ dar nẽ dotar este dito foro a outra persona algũa" 36.43 (1425); "me obligo de vos anparar et defender cõ a sobredita casa (...) a todo tenpo a dereito, de qualquer persona que vosla ynquietar, demandar ou enbargar" 40.45 (1440); "desenbargadas a todo tenpo a dereito de cargos et trebutos et çẽsos et de qualqueer persona que voslas ynquietar, demandar ou enbargar" 41.59 (1443); "que nỉhũa persona nõ tirase nẽ desapoderase ao dito Pero de Traua (...) de aquí endeante da dita súa posisõ" 47.40 (1450); "vos nõ deuemos toller nẽ quitar de aquí endeante, por máys nẽ por menos nẽ por al tanto que outra persona algũa por elo dé nẽ prometa" 50.56 (1462); "a dereito de qualquer persona ou personas que voslo ocupar, demãdar ou enbargar" 50.62 (1462). Hai 47 ocorrencias deste termo, vid. listado s.v. persona. Personas, "et se per abentura queserdes vender ou enpenorar ou troquar ou cãbear ou poer ou trasmudar este dito aforamento em outras personas, que ante que o façades, que o façades saber a nós" 10.88 (1390); "que o posades faser a personas symitaes de uós" 10.95 (1390); "que de alí endiãte o façades a personas vosas sjmytaes" 36.46 (1425); "a dereito de qualquer persona ou personas que voslo ocupar, demãdar ou enbargar" 50.64 (1462). Do plural hai 25 ocorrencias vid. listado s.v. personas. Persõas, "çertos morauidís que o dito Martín Pequeno deuịa a çertas persõas contiúdas em hũa sentença que vay encorporada ẽno dito estromẽto" 23.17 (1406). Pesoa, "a todo tẽpo uos fasa de paz as ditas herdades et cousas que uos vendo de mỉ (...) et doutra qualquer ou quaeesquer pesoa ou pesoas que uos sobr' ello fasã demãda ou enbargo" 8.48 (1381); "nẽ troquar nẽ poer nẽ trasmudar en outra pesoa algũa nẽ em home que seja de outra rrelegiõ nẽ caualleiro nẽ dona nẽ outro home poderoso" 10.78 (1390); "que d' aquí emdeante que fesese della toda súa voõtade como de súa cousa propria, sem enbargo de nỉhũa pesoa" 14.27 (1395); 19.33 (1398); 22.22 (1403); 22.24 (1403); 24.70 (1407). Pesoas, "doutra qualquer ou quaeesquer pesoa ou pesoas que uos sobr' ello fasã demãda ou enbargo algũu" 8.48 (1381). Pesõa, "sen enbargo de outra pesõa ou pesõas quaeesquer que seyã" 8.44 (1381). Pesõas, "et sen enbargo de outra pesõa ou pesõas quaeesquer que seyã et sen enbargo de pertegeyro et mayordomo et outro señor algũu" 8.44 (1381).

R. Lorenzo (1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Vol. II (Glosario). Ourense: Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijóo.
pessoa
pessõa
pessoa
persoa
persoa
persona
'persona' , del lat. PĔRSŌNA (REW 6430). Formas: pessoa 462.5 "a prehegar per sua - a cruzada", 557.19-20 "que caeu aa - X marcos", pessõa 120.15 "forõ ambos cada hũu per sua - ", 654.14 "elle meesmo andou prehegando per sua - toda Africa", 659.12 "segũdo que era a - ", pessoas 592.45 "morrerõ ena batalla xvij mil - ", 649.15, 662.26, 785.23. La forma port. es pessoa (que se halla también en documentos galls. medievales): a. 1267 "in pessõa de don Johan" (Portel p. 43); a. 1288 "nem a nemhũa pessõa Religiosa" (Desc. Portug. I, 21); CSM 15.45 "pois ta pessõa nobr' aqui vẽo"; R. S. Bento "de pessõas" (RBF V, 24); a. 1348 "e a hũa pessõa" (Salazar 112.6); Cr. 1344 "ambos per pessoa" (III, 17); a. 1341 "as pessoas et coengos" (Ferreiro VI, Apénd. 121); Estevan da Guarda (931, 1325) "capelã ygual da ssa pessoa" (24); Miragres "tres pesoas en hũu Deus" (p. 122), "tres pesoas" (p. 123), "a pesoa" (p. 167); a. 1337 "nẽhũa pesõa" (Portel p. 179); a. 1348 "aquella pesoa" (CDGH p. 150); a. 1406 "a hũa pesoa" (Sponer 170.5); a. 1421 "en outra pesoa" (id. 172.18); a. 1432 "que pesoa nehua" (Ferro2 p. 94). Véase Duro ps. 164, 170, 175, 176, 188, 189, 190, 191, etc., etc. En gall. mod. persoa: a. 1284 "et a duas perssoas... a segunda perssoa" (Salazar 91.3,11-12); a. 1285 "da postromeira persoa" (Sponer 164.17); a. 1328 "per nossas persõas" (Doc. brig., 156.24); a. 1328 "nihuna persoa" (Ferreiro VI, Apénd. 89); R. S. Bento "nẽ persõa" (RBF V, 24); Miragres "trres persoas" (p. 122); a. 1329 "duas persoas... hua destas persoas" (Duro p. 177); a. 1332 "senas persooas" (id. 179); a. 1339 "duas perssoas... ou persoas sobreditas" (id. 182); a. 1341 "a tal perssoa... nen a religiosa persoa" (id. 183); a. 1342 "hua persoa" (id. 186), etc. (también 211, 216, 221, 223, de a. 1369, 1381, 1363-1389, 1394); a. 1406 "hũa pesoa... que seia persoa" (Sponer 170.5,7); a. 1421 "a hũa persona qual nomear non nomeando persoa... et persoas... pesoa" (id. 172.6,7,17,18); Frades Menores "a muytas perssõas" (I, 256), "foy elle por sua perssoa" (I, 85), "de tanta persona" (II, 244); Virgeu de Consolaçon "persoa" (I, 56, etc.); Virt. Bemfeitoria "as perssoas" (Leite T. Arc. 88.13); a. 1364 "de persona nen de concello" (id. 110.19); Gal. Estoria "quatro personas" (14.32); a. 1432 "as personas" (Ferro2 p. 13); a. 1432 "hua pesona (!)... as personas" (id. 17), etc. Vemos, pues, persoa o persona en textos galls. y ports. hasta el XV y ambas se emplean en gall. mod. Véase persoa en E. Rodríguez y pessoa en Morais.

K. M. Parker (1977): Vocabulario clasificado de los folios gallegos de la Historia Troyana. Illinois: Applied Literature Press.
persona
f. f. persona; person, being: se algũa persona a fezer por sua soberuea, seria grã mal et pouco rrecado, 108.39, 48.12, 86.14.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
persona
f. f. "Persoa, calquera individuo da especie humana".
____ persona (16): "el / nẽ o dito Johán París nẽ outra persona algũa nõ tornase allý a faser / vjnal" 443, 505, 735, 767, 934, 970, 1078, 1158, 1219, "entõ que o façades cõ tal persona semellable de vós" 1223, 1255, 1380, 1461, 1849, 2045, 2481; personas (11): "nõ se errarã / ẽnas personas" 786, 1182, 1305, 1363, 1652, 1696, 1708, 2239, 2242, 2983, 2996.
________ Rexístrase na loc. en persona de, "en presencia de".
________ en persona de (2): "logo o dito juís, en persona das ditas partes e a seu / cõsentimjẽto, diso que mãdaua e mãdou ao dito Pero Peliteyro que quitase / o dito vjnal" 438, "teẽdolle feyto pleito / e omenaje por ela e porla de Lantáñoo en súas maos estando ẽna vila / de Aréualo, en persona do dito moy rreuerẽdo meu señor o arçobispo, e así / mjsmo para seu serujço e da dita súa santa egleia de Santiago" 1833.
________ Do lat. pĕrsōna. Nos textos medievais rexístranse as formas pessoa (pessõa, pesoa, pesõa), desde 1267 en textos port. e nas CSM e persoa / persona (perssoa, perssõa, persõa, persooa), desde 1284 en textos gal. e desde 1328 nos port. (Lorenzo Crónica s.v. pessoa). Outros exemplos do XIII en Montederramo (Martínez Montederramo s.v.). No port. actual é pessoa, mentres que no gal. é persoa, con pervivencia na fala de persona, axudado polo castelán.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL