logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra peyrao como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.3 Rows
- Número de acepcións atopadas: 3.
- Distribución por dicionarios: LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
peyrao
m. m. "Peirao, obra que se fai na marxe dun río ou do mar para facilita-lo embarque e desembarque de persoas e mercancías e para abrigo das embarcacións".
____ peyrao (1): "o lugar que ha de yr de longo desde la rribeyra / para çima en casa e peyrao" 2006
________ Occitanismo náutico, debe vir do gascón peirau (-ale), afín ó fr. ant. piere "dique", xa que en prov. ant. só se documenta peirat e peirade. Documéntase en textos galegos desde 1454 e 1488, segundo Sarmiento, que tamén dá fe do uso no seu tempo (DCECH s.v. piedra). A forma peirán que usa Castelao, cit. por Corominas, debe ser refeita sobre os substantivos rematados en -án, propios da súa zona (e da do texto) e procedentes do lat. -anus.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL