logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra podar como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.5 Rows
- Número de acepcións atopadas: 5.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CANTIGAS DE ESCARNHO (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
podar
v. .- v. 'corta-las pólas sobrantes das plantas para favorece-la súa medra'. Inf.: Podar, "que seiades tjúdos de cauar a dita vjña et podar et esterquaar et faserle tódoslos outros lauores que lle perteesçerẽ" 10.52 (1390); "deuédesla de choer et çerrar et podar et cauar et [...] et rreparala de tódoslos outros lauores que ela ouver mester" 31.18 (1417).

M. Rodrigues Lapa (19702): Cantigas d'escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo: Galaxia ["Vocabulário galego-português", pp. 1-111].
podar
: {Estevan da Guarda} El entende que a ten adubado, / pois lha podaron, e ten sen razon 100.8, 6, 11.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
podar
v. tr. v. tr. "Podar, cortar certas ramas para que a árbore ou planta mellore a producción de flores e froitos".
____Inf. Inf. podar (3): "choer / as ditas bjnas e podar e cauar e sopoer e esfollar" 1048, 2401, 2559.
____ Do lat. pŭtāre "limpar". O DELP (s.v.) recolle un único exemplo de 1260 en texto lat. de orixe port.: "ad podandum vineas nostras" e Cunha Dicionário dá o primeiro testemuño romance en 1813. Xa Sarmiento recollera a voz en Pontevedra en 1755 xunto con outros "verbos de viñaderos" (Sarmiento Catálogo p. 424); pero a primeira doc. que localizamos é de 1371 en doc. de Ourense (López Carreira Viña, p. 164).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL