F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711]. |
---|
pote
| m. |
m. "Pote, vasilla de ferro redonda de boca menos ancha có ventre, con tres patas, dúas asas pequenas e un aro que serve para pendurala, empregada para cociñar". |
____ | |
pote (1): "diso que nõ sabía máis, saluo que posera / en súa casa Martjn de Dorrõ hũu pote e que despoys fora por el / e o leuara e que máis nõ sabía" 2764. |
____ | ____ |
Do fr. pot, der. do lat. vulgar pŏttus, reducido a potus, probablemente dun radical precéltico pott-. O DELP (s.v.) recolle unha única doc. en 1461. Tamén dá noticia dela Sarmiento (Sarmiento Catálogo p. 409). |