propiatario [propietario] {[propiatarjo]}
| subst. |
subst. 'o que ten dereito de propiedade sobre unha cousa, e especialmente sobre bens inmobles'. Dieste, no DDCA, di que na acepción xenérica deste termo é o mesmo que dono, é dicir, aquel a quen pertence o dominio dalgunha cousa. Na acepción especial ou limitada, é o que ten o señorío ou dominio directo sen o útil. Propiatario "quero et outorgo que vós (...) ajades et sejades verdadeiro padrón et posoydor et propiatario da dita medade do dito forno et façades del et en el toda vosa voontade para senpre" 34.29 (1422). Propietarios, "et de aquí endeante vos fago et costetuyo propietarios et verdadeiros senores do dito quarto de casa et orta" 55.27 (1476). Propiatarja, "et de aquí endiante vos fago et coonstituyo propiatarja et verdadeyra señora do dito casal (...) et quero et outorgo que o posades entrar, tomar et rreçeber o jur et paçífiqua posisón del" 64.20 (1493). {Cfr. s.v. posoydor} |