[rrayal] [rreal]
| subst. |
subst. 'real, moeda de prata de Pedro I de Castela e sucesores, no anverso coa inicial P do rei ou En, de Enricus, e no reverso castelos e leóns'. No ano 1461 cada real se contaba a 3 marabedís de moeda vella e 15 marabedís da nova. Rrayaas, "et contía de septe mjll et quinẽtos morauidís de moeda vella que me logo dades et pagades et eu de vós rreçebo (...) en enrriques et dobras et rrayaas de Castilla et florijs d' Aragõ, que mõtã et valen a dita contía" 58.32 (1480). Rrayaes, "por mjll et çinqui morauidís, de des dineiros o morauidí da moeda bsáuel do rreyno de Castella, os quaes morauidís nós de uós rreçebemos en tãtos rrayaes de prata et en tãto pano tinto mjscrado que mõta et ual a dita contĩja" 17.21 (1397). Rrayás, "tres mjlll et trezentos et trinta et tres morauidís de moeda vella, os quaees (...) me logo destes et pagastes et de vós ouve et rreçebí en taças et rrayás de plata, que mõtarõ et valijã a dita contịa" 50.48 (1462). Rreales, "sejades obljgados de dar e pagar a mjn (...) por todo o dito terratorio et edefiçios que en el fezerdes, segundo dito hes, sete rreales bellos de plata ou çẽto e trynta morauidís vellos e medjo" 66.43 (1497); "por preçio et contía de vijnte e dous mjll morauidís pares de blancas, que nos destes e pagastes (...) en doblas e castellanos de ouro e rreales de prata, que montou a dita contía" 67.36 (1499). Coido que estes reás non son os mesmos que defino máis arriba porque as datas dos dous documentos son posteriores ó ano 1475, cando os Reis Católicos fan cuñar os reás de prata. De tódolos xeitos non podo te-la certeza de que sexa así porque era moi común na Idade Media que estiveran ou tiveran curso legal moedas de distintas datas ó mesmo tempo, o que variaba era a lei e o seu valor. |
rreal
| adx. |
.- adx. 1.- 'verdadeiro, auténtico'. Rreal, "rreçeber o jur e posisón corporal, rreal et abtual da dita metad das ditas casas" 59.43 (1482); "aprehender o jur et posysõ corporal, rreal et abtual da djta sexta parte do dito casal" 61.40 (1487); "rreçebir o dito juro e posisión rreal, corporal, avtual e propiedade ceujll" 68.64 (1499). |
____ | |
2.- 'relativo ou pertencente ó rei ou á realeza'. Rreal, "notarjo públjco jurado porlas actorjdades apostóljca et rreal et notario de terra de Rribadulla" 65.66 (1494). Rreales, "rrenũçiamos a todas e outras quaesquer leys, foros e dereitos escriptos et nõ escriptos, canõicos, çebijs, rreales, enpereales" 67.47 (1499). |