logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra sobrado como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.6 Rows
- Número de acepcións atopadas: 6.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CRÓNICA TROIANA (1), CRONOLOXÍA (1), CANTIGAS DE SANTA MARÍA (1), VOCABULARIO 1275 (ÍNDICE TOPONÍMICO) (1), MIRAGRES DE SANTIAGO (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
sobrado
subst. .- subst. 'piso de madeira situado enriba das cortes que constituía a planta alta da vivenda; era un espacio común onde se distribuían os leitos de toda a familia; no medio había unha mesa grande para xanta-lo día da festa, habendo tamén huchas para garda-la roupa'. Sobrado, "que o sobrado das ditas casas se partise de ancho et de longo et ao traués en dereito o dito pique que eles así deran ẽna dita jázea" 37.24 (1434); "et que ficasen (...) cõ a parte do sobrado deanteyro et cõ o sótoon contra as ditas casas" 37.28 (1434); "toda aquela hũa casa, sótõo et sobrado, que está de dentro da çerqua da villa" 40.9 (1440); "aquelas hũas mjnas casas, sótõo et sobrado que están ẽna dita villa de Noya" 41.10 (1443); "a meetade de aquelas casas, sótõo et sobrado que estã ẽna rrúa da Praça da dita vila" 51.13 (1463); "a qual dita meetade entregamente das ditas casas así a nós pertesçente vos aforamos cõ seu sótõo et sobrado et cámaras et ferro et tella et madeira" 51.26 (1463). Hai 13 ocorrencias deste termo, vid. listado s.v. sobrado. Sobrados, "vos vendemos como dito he aquelas casas, sótoos e sobrados que nós teemos e nos perteesçe porla dita herẽçia" 67.12 (1499).

K. M. Parker (1958): Vocabulario de la Crónica Troyana. Salamanca: Universidad.
sobrado
m. m. piso superior; upper floor, or story: ẽnos sobrados et ẽnas camaras preçadas iaziã burzesas et tantas donas, II 183.27, I 110.18. DRAE sobrado 6ª acep.

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{sobrado}
.- SOBRADO (2011b: 1070 superatu; 1102 Sobradu topónimo): 947 "orreos II superato lectos" (Ferreiro II, 128.10); 1094 "illo meo suprato... iusta illo suprato" (CDGH 397.16, 18); 1108 "et accepimus de uobis pretjum uno soberado" (Doc. Med. Port. 254); 1199 "in superado... ipso ganato de Superaddo" (CDGH 86.18, 20, 24...).

W. Mettmann (1972): Cantigas de Santa María de Afonso X, o Sábio. Vol. IV (Glossário). Coimbra: Universidade.
sobrado
s. m s. m.: 282.2 caeu dun sobrado mui alto, e non se feriu; 282.18.

M. de Miguel (1977): Vocabulario gallego medieval en documentos del s. XIII anteriores a 1275. Memoria de licenciatura. Universidad de Valladolid ["Índice toponímico"].
Sancta Maria de Sobrado
a. 1275, 70.3.

M. C. Barreiro (1985): O léxico dos Miragres de Santiago. Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
sobrado
subst. .- subst. " piso alto". 182.6 "o teu ospede falso [...] caera de çima de seu sobrado en fondo"; 183.3 "o ospede caera do sobrado [...] et mor[r]era".




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL