sotõo sotoon sooton soto {sotoo}
| subst. |
subst. 'peza, recinto subterráneo dunha casa'. Sótõo, "disseron que eles mandauã et mãdarõ que ficase o dito Juã Vidal cõ a medade do sótõo et media dízema das ditas casas" 37.18 (1434); "a qual partiçón do dito sótõo dauã ao dito Juã Vidal contra a parte das casas onde agora mora Afonso Gonçalues" 37.21 (1434); "et a outra medade do dito sótõo contra as cassas de Afonso Aras" 37.23 (1434); "que el ten aforado da parte do dito sótõo contra a rrúa et cassas que foron de Vasco Ferrnandes" 37.33 (1434); "conuẽ a saber, toda aquela hũa casa, sótõo et sobrado, que está de dentro da çerqua da villa de Muro" 40.9 (1440); "todas aquelas hũas mjnas casas, sótõo et sobrado que están ẽna dita villa de Noya" 41.10 (1443). Hai 12 ocorrencias con esta grafía vid. listado s.v. sótõo. Sótoon, "parte do sobrado deanteyro et cõ o sótoon contra as ditas casas de Afonso Aras" 37.28 (1434). Sóoton, "que vay ẽna medade do dito sóoton ao longo, a qual partiçón do dito sótõo" 37.21 (1434). Soto, "a metad entregamente de aquelas casas, soto et sobrado, con súa torre et cauanel" 59.10 (1482). Sótoos, "vendemos como dito he aquelas casas, sótoos e sobrados que nós teemos e nos perteesçe porla dita herẽçia" 67.12 (1499). |