logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra taça como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.5 Rows
- Número de acepcións atopadas: 5.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CRONOLOXÍA (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
taça
subst. .- subst. 'cunca'. Aquí son posibles dúas interpretacións para a acepción deste termo, a primeira como 'medida de capacidade, nestes contextos, de moedas'. A segunda como 'unidade monetaria de transacción'. Eu creo que esta última é a interpretación correcta, pois na Idade Media era moi común que coexistira a economía monetaria xunto coa economía de cambio ou natural, que consistía en recorrer ós productos en especie (gando, cereais, xoias, etc.) como medidas de valor e instrumento de cambio. Por iso penso que aquí a taça de prata está considerada coma unidade de valor. Taça, "tresentos et trijnta morauidís de brancos (...) os quaees morauidís eu logo de vós rreçebo en hũa taça de prata que val et amonta a dita contía" 15.27 (1395); "por duzẽtos morauidís (...) os quaes morauidís eu de uós rreçebỹ em hũa taça de prata, en presença deste notario" 18.19 (1397); "por preçio et cõtía de noueçẽtos morauidís da moeda vella brãqua (...) que me logo dades et pagades et eu de vós rreçebo en hũa taça de prata que mõtou a dita cõtía" 62.17 (1487). Taças, "en dineiros brancos et en tres taças de prata que val et amõta a dita cõtía" 13.29 (1395); "me logo destes et pagastes et de vós ouve et rreçebí en taças et rrayás de plata, que mõtarõ et valijã a dita contịa" 50.46 (1462); "en dineiros feitos e contados et taças de prata, que montã a dita contía" 59.26 (1482); 63.30 (1487).

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{taça
taza}
.- TAÇA (2036a: XV): 1302 "duas taças que de min ten" (Ferro p. 60.13); 1305 "o meu vasso dourado da plata et a mia taza" (CDGH 498.19); Cr. 1344 "taças nẽ vasos" (II, 124.34), etc.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
taça
f. f. "Taza, vasilla que se emprega para tomar líquidos".
____ taça (2): "hũa taça de prata" 1699, 2381.
________ Do ár. tassa 'cunca'. Documéntase en textos galegos desde o séc. XIV: taças en 1302, taza en 1305 (Lorenzo Cronologia s.v.).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL