logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra testamento como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.5 Rows
- Número de acepcións atopadas: 5.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CRÓNICA XERAL (1), CRONOLOXÍA (1), CANTIGAS DE SANTA MARÍA (1), VOCABULARIO 1275 (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
testamento
{testamẽto}
subst. subst. 'acto de vontade ou negocio xurídico mortis causa, unilateral e persoalísimo, de natureza solemne e esencialmente revocable, no que se inserta a institución dun ou varios herdeiros, e pode ó tempo ordenarse outras disposicións para que todas produzan os seus efectos á morte do testador'. Vid. Gutiérrez-Alviz DDR, s.v. testamentum. Testamento, "et prometo et outorgo nõ varyar nẽ rreuocar esta dita doaçõ en mjña vyda et saúde nẽ en mjña manda et testamento a tenpo de meu finamento" 42.37 (1445); "nõ vena nẽ pase contra esto sobredito en juíso nẽ fóra del et de o nõ rreuoquar nẽ contradiser nẽ nomear en elo outra voz en mỉa vida et soúde nẽ a tenpo de meu finamento, por mãda nẽ testamento nẽ codeçilo que faça nẽ en outra maneyra algũa" 48.26 (1455); "nen la rrebocar nẽ procurar como se rreboque en mjña vida nẽ a tenpo de meu finamjnto por manda nẽ testamento nẽ codiçillo nẽ por outra rrazón" 64.43 (1493). Testamẽto, "diserõ que por rrazõ que Afonso d' Esteyro (...) defunto, cuja alma Deus aja, en seu testamẽto os deyxara por seus conpridores et destribuydores de seus bẽes" 52.10 (1469); "et porlo dito seu testamẽto avía mandado que vendesen todos seus bẽes (...) os desen et destribuysen segũd os legados por el mandados" 52.12 (1469); "conpridor et exsecutor da manda et testamẽto do dito defunto" 52.90 (1469); "como conpridores et destribuydores do testamẽto et bẽes do dito Afonso d' Esteyro, clérigo" 53.17 (1469); "para os dar et destribuyr en pías cabsas et obras de mjsiricordia et segũd que por el en seu testamẽto foy mãdado" 53.19 (1469); 55.52 (1476); 61.19 (1487).

R. Lorenzo (1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Vol. II (Glosario). Ourense: Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijóo.
testamento
' testamento' , de TĔSTĀMĔNTUM. Cuatro veces: 658.58, 659.4, 668.32, 679.4. Desde el s. XIII: a. 1209 "titolos das molleres e de orfanos e de testamentos... qvi enfermar e fezer testamento... e fezer testamento" (PMH Leges 866, 867), "qui enfermar e fezier testamento" (id. 913); a. 1255 "faço testamento... este meu testamento" (Ferro1 p. 16, 17); a. 1274 "ffaçouos carta de doaçõ e testamento d' escritura firme" (Salazar 65.14); a. 1298 "lij e esguardei huũ testamento de doña C. Meẽdiz... o qual testamẽto... faço meu testamẽto ẽ esta maneira" (Portel p. LXXVIII); CSM 53.2,60 "e lle fez saber o testamento das Scrituras... no Testamento Vedro e no Novo", 75.38 "vos consello que façades testamento"; a. 1337 "sabham todos quãtos este testamẽto virẽ" (Portel p. 177); Cr. 1344 "quando se sentio ferido de morte ordenou seu testamento" (III, 232); a. 1362 "ffaço mỉa manda et meu testamento" (Salazar 116.6); a. 1407 "todo o en el contiudo por seu testamento et ultima uoontade et Reuocou todoslos outros testamentos et codicilos feytos dante deste dito seu testamento" (Ferreiro VII, Apénd. 24), etc. Más información en Morais, E. Rodríguez y Elucidário; en cast. desde el XIII (cfr. Partidas VI, 360 ed. Ac. Hist. t. 3).

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{testamento}
.- TESTAMENTO (2077a: 1279): 1209 "titolos das molleres, e de orfanos, e de testamentos... qvi enfermar e fezer testamento... e fezer testamento..." (PMH Leges 866, 867, etc.); 1255 "faço testamento... este meu testamento" (Ferro 16.19, 17.10), etc.

W. Mettmann (1972): Cantigas de Santa María de Afonso X, o Sábio. Vol. IV (Glossário). Coimbra: Universidade.
testamento
s. m. s. m. 75.38 vos consello que façades testamento || a Escritura Sagrada: 53.2 o Testamento das Scrituras; 53.60 quanto no Testamento Vedro e no Novo sé.

M. de Miguel (1977): Vocabulario gallego medieval en documentos del s. XIII anteriores a 1275. Memoria de licenciatura. Universidad de Valladolid.
testamento
subst., .- subst., 'testamento'. Del latín TĔSTĀMĔNTUM; a. 1274 "ffaço uos carta de doaçõ e testamento d' escritura" (65.14).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL