logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra titor como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.5 Rows
- Número de acepcións atopadas: 5.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), CRONOLOXÍA (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
[titor]
subst. subst. 'persoa encargada de exerce-la tutela dunha persoa menor de idade, coidando os seus bens e representándoa xuridicamente'. Titora, "faço por mỉ et en nome de meus fillos et do dito meu marido, así como súa titora et gardadora que soo, por esta carta coñosco que vendo" 49.6 (1459); "Et todo jur, señorío, posisón et propiedade que así como titora dos ditos meus fillos me delo perteesçe" 49.20 (1459).

R. Lorenzo (1968): Sobre cronologia do vocabulário galego-português. Vigo: Galaxia.
{tutor
titor}
.- TUTOR (2128a: XV; tetor XIII): 1277 "tutores e secutores" (Portel 135); 1276 "tutures e executores" (id. 98); 1288 "e faço el por tutor e por guardador" (Ferro 46.15); 1320 "sua auoa e sua titora" (id. 75.24); 1369 "titor do fillo" (Ferreiro p. VI, 135.21), etc.

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
tutor
titor
m. m. "Titor, persoa encargada de coidar e representar a outra legalmente incapacitada".
____ titor (2): "mãdaua a Afonso da Veiga, morador / en Noya, seu conpridor e titor, a súa leyra de herdade" 916, "fostes titor e gardador dos bẽes mobles / e rraýses que perteesçen e pertẽesçer deujã a Juane e a María, fillos legítimos / de Lopo Martíns de Çidrãas, voso yrmão, menores de hedade" 1443; tutor (4): "como tutor e gardador dos ditos moços" 1471, 2192, 2219, 2228.
________ Do lat. tutor, -ōris 'protector', der. de tueri 'protexer'. Documéntase desde o séc. XIII: tutores en 1277, tutures en 1276, en textos portuguegses; tutor en 1288, titora en 1320, titor en 1369 (Lorenzo Cronologia s.v.). Tamén hai atestacións de tetor, no XIII (DELP s.v.). As formas con i poderían explicarse por disimilación das dúas vocais da serie velar, ou por influxo analóxico dalgunha voz sentida como próxima (quizais título ou titolo); hai tamén outras linguas románicas que presentan formas análogas, o que podería postular un antecedente latino común (cf. o part. de tueor, tuitus, que existía aínda que escasamente usado ó lado de tutus). Esta forma titor era coñecida polos primeiros diccionaristas galegos, de maneira que Cuveiro titor como equivalente gal. do cast. tutor. Por todo isto, en gal. estándar quérese recuperar este antigo titor: véxase Monteagudo Titor, e maila réplica, López Pereira Titor.




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL