vallãçina
| subst. |
.- subst. 'valancina, tecido de la que a partir do século XIII se comenzou a importar da cidade francesa de Valenciennes'. Estes panos adquiriron gran popularidade na Idade Media e foron imitados noutras cidades francesas, como en Maubeuge e París. Con este tecido confeccionáronse tabardos, saias, capirotes e pellotes. Facíanse en tres cores: brancas, azuis e viadas (a raias de distintas cores). Existiron tres variedades de valancina: de corda (cunha soa trama); chica e reforzada (fabricábase con múltiples tramas e era máis forte e duradeira cá de corda). No Elucidário dise que procede da cidade española de Valencia, vid. s.v. valancina. Vallãçina, "Et mays me auedes de dar hũu pellote de vallãçina a mỉ, a dita María Peres, et a mỉ, o dito Migell Leyto, hũa saya de vallãçina et mays, yndo perllo tenpo, hũu pano voso de uoso corpo" 11.20, 21 (1390). |