logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra vallãçina como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.1 Rows
- Número de acepcións atopadas: 1.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
vallãçina
subst. .- subst. 'valancina, tecido de la que a partir do século XIII se comenzou a importar da cidade francesa de Valenciennes'. Estes panos adquiriron gran popularidade na Idade Media e foron imitados noutras cidades francesas, como en Maubeuge e París. Con este tecido confeccionáronse tabardos, saias, capirotes e pellotes. Facíanse en tres cores: brancas, azuis e viadas (a raias de distintas cores). Existiron tres variedades de valancina: de corda (cunha soa trama); chica e reforzada (fabricábase con múltiples tramas e era máis forte e duradeira cá de corda). No Elucidário dise que procede da cidade española de Valencia, vid. s.v. valancina. Vallãçina, "Et mays me auedes de dar hũu pellote de vallãçina a mỉ, a dita María Peres, et a mỉ, o dito Migell Leyto, hũa saya de vallãçina et mays, yndo perllo tenpo, hũu pano voso de uoso corpo" 11.20, 21 (1390).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL