logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acedado
adx Ácido, acedo, acre, agre, avinagrado.
acedo
adx Acerbo, ácido, acre, agre, desabrido. Amargo, desagradable. Avinagrado, balorecido, fermentado. Callado, coallado, picado, preso, represo, tomado, tourondo, trallado, tramado (o leite). fig Cáustico, corrosivo, cru, esgueiro, ferinte, mordaz, ofensivo, punxente, punzante, sedizo.
acerbo
adx Acedo, ácido, acre, agre. Amargo. fig Aceirado, corrosivo, cru, cruel, desagradable, doloroso.
ácido
adx Acedado, acedo, acre, agre, avinagrado. Balorento. Árdego (o viño está ácido cando ten agulla). fig Corrosivo, sedizo.
acre
adx Acedo, ácido, agre, desabrido. fig Acerbo, cáustico, corrosivo, cru, esgueiro, ferinte, mordaz, ofensivo, punxente, punzante, seco, sedizo.
agre
adx Acedo, ácido. Agraz, amargo, cebro, desabrido. fig Aceirado, acerbo, cáustico, corrosivo, cru, esgueiro, ferinte, mordaz, punzante, sedizo.
callado
adx Acedo, ceibo, chirlo, coallado, cortado, picado, preso, represo, tomado, tourondo, trallado, tramado, xaropo.
cítrico
adx Acedo, agre.
cortado
adx Acedo, chirlo, mucio, picado, xirón (non hai quen beba o leite cortado). fig Avergoñado, cocón, indeciso, medoso, tímido, turbado.
chirlo
sm Chío, chirrío, pío, rechouchío, trilo. Sterna albifronsAndoriña do mar, carrán, carricha, coicoi, firrete, gorrucho, mascateira, pirrí, quirlán. Larus ridibundusGaivota pequena, gaivota chorona. adx Acedo, callado, ceibo, coallado, picado, preso, represo, tomado, tourondo, trallado, tramado (leite).
desagradable
adx Acedo, agre, amargo. Áspero, esgrevio, incómodo, molesto, ríspido. Feo, horrible, laido. Aborrecible, inaguantable, insoportable, irritante, noxento, odioso, repugnante, repulsivo. Desapracible, destemperado, frío, inestable.
esgueiro
adx Escairado, esgueirado, seco (tempo e plantas). fig Acedo, mordaz, seco, sedizo.
ferruxento
adx Furruxento. fig Acedo, agre, anoxado, áspero, desagradable, disgustado, enfadado, furruxento, incomodado, malhumorado.
mordaz
adx Acedo, aceirado, acre, incisivo, maldicente. Irónico, sarcástico, sardónico, satírico. Cáustico, corrosivo, cru, esgueiro, ferinte, ofensivo, punxente, punzante, sedizo.
mucio
adx Murcho. Acedo, chirlo, picado, xirón.
picado
adx Abicado, furado. Cortado, partido. Acedo, ceibo, chirlo, coallado, cortado, cuallado, preso, represo, tomado, tourondo, trallado, tramado. Acacarañado, escaracochado, picado das pegas (vexigas). Manchado, marxado, pencado, pencoso, xardado, xardoso. Desgustado, ofendido, resentido. adxf Tísica, tuberculosa (vaca).
preso
adx Atado, ligado, pexado. Acedo, ceibo, chirlo, coallado, cortado, picado, represo, tomado, trallado, tramado (leite). adx s Cativo, detido, encarcerado, interno, presidiario. sm Prisioneiro, recluído, recluso.
revirado
adx Cabano, cachelo, cornán, cornudo, escachado, esgallado, gallardeiro, gallardo, galleiro, galludo, gandeiro, garouto, guicho, parrelo, patelo, picolo, pinelo, piñeiro, piquelo, pisco, traveso (boi cos cornos grandes e abertos). Atravesado, indómito, rebelde. fig Malvado, perverso, ruín, traidor. Acedo, malhumorado.
salagre
adx Acedo, agre, cáustico, corrosivo, duro, incisivo, intransixente, lacónico, seco, tallante, terminante (casou cun home salagre e agora asubía).
tramado
adx Maquinado. Acedo, callado, ceibo, chirlo, coallado, cortado, picado, preso, represo, tomado, tourondo, trallado, xaropo. sm Trama, urda, urdido.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.