logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


achaque
sm Afección, alifafe, arrechuchocol, doenza, enfermidade, indisposición, mal, malestar, padecemento, peleira, trancazo, xacamada. fig Culpa, falta, imputación (os achaques foron para min e as loanzas para os demais).
doenza
sf Achaque, afección, alifafe, enfermidade, indisposición, mal, morbo, padecemento, peleira, trancazo, xacamada.
enfermidade
sf Achaque, afección, alifafe, doenza, indisposición, mal, morbo padecemento, peleira, trancazo, xacamada.
indisposición
sf Incompetencia, inepcia, ineptitude, inhabilidade, torpeza. Achaque, afección, delacoada, doenza, enfermidade, mal, malestar, molestia, peleira, xacamada.
mal
sm Calamidade, catástrofe, dano, desgraza, estrago, macela. Aflición, afliximento, mágoa, pesar, sufrimento. Andazo, epidemia, praga. doenza, enfermidade, morbo, padecemento. Malestar, peleira, trancazo, afección, arrechuchocol, xacamada, indisposición, alifafe, achaque. adv Incorrectamente, indebidamente.
malestar
sm Achaque, afección, alifafe, arrechuchocol, indisposición, mal, peleira, trancazo, xacamada. fig Ansiedade, desacougo, desasosego, desazo.
morbo
sm Achaque, afección, alifafe, doenza, enfermidade, mal, padecemento, peleira, xacamada.
padecemento
sm Achaque, afección, alifafe, doenza, enfermidade, indisposición, mal, morbo, peleira, trancazo, xacamada (leve). Aflición, coita, desazo, desgusto, mágoa, pena, pesadume, pesar, preocupación, sufrimento, tristeza, tristura. Dolor, dor, martirio, mortificación, pena, suplicio, tormento, tortura (a enfermidade supúxolle un padecemento terrible). Adversidade, apuro, calamidade, desgraza, dificultade, esforzo, fatiga, penalidade, sacrificio, traballo.
peleira
sf Achaque, afección, alifafe, doenza, enfermidade, indisposición, morbo, padecemento, peleirada, trancazo, xacamada. Andacio, andazo, andaxe, contaxio, epidemia, peleirada (benigna).
peleirada
sf Peleira, doenza, xacamada, morbo, indisposición, enfermidade, achaque, alifafe, padecemento, afección, trancazo. Peleira, epidemia, andazo, andaxe, contaxio, andacio.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.