logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acorrer
vt Acudir, auxiliar, axudar, socorrer, valer.
acudir
vi Acorrer, auxiliar, axudar, socorrer. Asistir, ir, presentarse. Apelar, recorrer (acudín ao Tribunal Xeral de Galicia).
afluír
vi Deitar, desaugar, desembocar, verter. Acudir, concorrer, confluír.
apelar
vi Demandar, reclamar, recorrer, requerir. Acudir, chamar, invocar, recorrer, valerse (apelou aos santos pedindo axuda).
asistir
vi Acudir, concorrer, ir, participar. vt Atender, auxiliar, axudar, coidar, socorrer. Limpar, traballar, servir (de asistenta).
auxiliar
vt Acorrer, acudir, amparar, asistir, axudar, socorrer, valer. s Asistente, axudante, colaborador. adx Accesorio, secundario.
botar man
lvb Acollerse, acudir, recorrer, valerse de.
recorrer
vt Apelar, impugnar, reclamar. Acollerse, acudir, botar man, valerse de.
vir
vi Regresar, retornar, voltar, volver. Acudir, aparecer, arribar, chegar, comparecer, presentarse (viume ao maxín o caso do rapaz de Cambados). Acaecer, acontecer, ocorrer, pasar, suceder (ao don Xosé veulle un infarto que o deixou eivado). Derivar, dimanar, emanar, proceder, provir, saír (o malestar na empresa veu coa chegada do novo director). Acomodarse, axustarse (o remedio das herbas veume ao xeito).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.