logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


agrado
sm Afabilidade, amabilidade, simpatía (acolleume na casa con agrado). Atractivo, celme, encanto, engado, feitizo, graza, sedución.
celme
sm Esencia, substancia. Gusto, substancia. fig Agrado, atractivo, encanto, engado, feitizo, graza, sedución (esa nena ten moito celme).
delicia
sf Agrado, deleite, encanto, exquisitez, gozo, gusto, pracer, satisfacción.
gloria
sf Ceo, edén, paraíso. fig Éxito, fama, honor, notoriedade, triunfo, vitoria. Esplendor, grandeza, magnificencia, maxestade. Agrado, deleite, delicia, gusto, pracer.
gosto
sm Buqué, celme, gusto, padal, regusto, sabor. Agrado, deleite, delicia, gusto, pracer, satisfacción. Estilo, gusto. Afección, gana, gusto, inclinación, vontade.
graza
sf Broma, chispacol, chiste, churruscada, ocorrencia, saída (tennos aborrecidos coas súas grazas inoportunas). Afabilidade, agrado, amabilidade, simpatía (ten unha graza natural que a fan moi atractiva). Garbo, fineza, prestancia, elegancia, desenvoltura, gallardía, porte, xeito, donaire. Dádiva, doazón, don, regalo (reparte as súas grazas con xenerosidade). Axuda, favor, mercé (agardo ser merecedor da súa graza). sfpl Agradecemento, beizón (dálle as miñas grazas cando o vexas).
gusto
sm Buqué, celme, gosto, padal, regusto, sabor. Agrado, deleite, delicia, gosto, pracer, satisfacción (a Pili fágolle con gusto calquera favor). Estilo, gosto. Afección, gana, gosto, inclinación, vontade.
pracer
sm Agrado, alegría, contento, gozo, gusto, satisfacción. Comodidade, deleite, goce, gozo, regalo, satisfacción, voluptuosidade. Diversión, entretemento, lecer, recreo. vi Agradar, compracer.
satisfacción
sf Agrado, alegría, compracencia, contento, gozo, gusto, ledicia, pracer. Desculpa, escusa. Aboamento, cancelación, liquidación, pagamento, saldo.
solaz
sm Agrado, conforto, consolo, distracción, pracer.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.