logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


carrelo
sm Costas, costelas, dorso, lombo, renlo. Arambelo, aranguelo, arelo, armón, aro do lombo, arzón, cernizo, cerrizo, cerro do lombo, columna, entrecosto, espiña dorsal, espiñazo, ourelo, raque, rosario.
columna
sf Cepa, cepada, piar, pilastra, (hórreo), pegollo (hórreo), poste. Arambelo, aranguelo, aranquelo, arantela, arelo, arelo do lombo, aro do lombo, arombelo, arzón, canoto, carrelo, carriñouzo, cernizo, cerrizo, cerro do lombo, costas, espiña, espiña do lombo, espiña dorsal, fío do lombo, orelo, orombelo, óso do lombelo, óso do soán, ourelo, raque, rosario, sarnizo, sarriñouzo, sarrizo, serrón do lombo.
costa
sf Baixada, declive, desnivel, inclinación, pendente (os terreos en costa son malos de traballar). Caeira, costeira, encosta, inclinación, pendente. Beiramar, litoral, orela, ribeira. Costado, lado, lateral, canto, bordo, banda, beira. sfpl Carrelo, costas, costelas, dorso, lombo, renlo.
dorso
sm Carrelo, costas, costelas, lombo, renlo. Reverso, revés.
lombo
sm Carrelo, costas, costelas, dorso, renlo. Raxo, soá, soán. Canto (o lombo do libro está estragado).
respaldo
sm Banza, costas, relleira.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.