logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


corpo
sm Organismo. Carne, materia. Asociación, colectividade, comunidade, corporación, entidade, gremio, institución, organización. Obxecto. Figura. Torso, trobo, tronco. Parte, peza, porción. Grosor, tamaño. Consistencia, densidade, espesor, forza (este viño non ten corpo ningún).
corporación
sf Asemblea, asociación, colectividade, comunidade, corpo, entidade, gremio, institución, organismo, organización. Concello, deputación, xunta. Asociación, colexio, confraría, sociedade.
ente
sm Ser. Cousa, entidade, individuo, suxeito.
entidade
sf Ente, esencia, ser. Asociación, empresa, organismo, institución, sociedade. Importancia, interese, valor (o asunto ten entidade para dedicarlle anos).
esencia
sf Celme, entidade, natureza, ser, substancia. Aroma, perfume.
importancia
sf Alcance, consideración, interese, magnitude, relevancia, trascendencia. Autoridade, categoría, entidade, monta, peso, poder, posición, prestixio.
institución
sf Creación, establecemento, fundación. Asociación, corporación, entidade, instituto, organismo, organización.
instituto
sm Centro. Institución, organización, organismo, corporación, entidade, asociación.
organismo
sm Corpo, ente, ser. Corporación, entidade, institución, organización, órgano, sociedade.
organización
sf Organismo, institución, órgano, sociedade, entidade, corporación. Composición, conformación, disposición, estrutura, orde, sistema. Elaboración, preparación.
peso
sm Carga, cargamento. Pesa. Firmeza, forza. Opresión. fig Entidade, importancia, substancia. Autoridade, influencia.
sociedade
sf Colectividade, comunidade, grupo. fig Humanidade, mundo, pobo. Asociación, círculo, club, compañía, corporación, empresa, entidade, institución, organismo, organización.
substancia
sf Entidade, esencia, fundamento, natureza, ser. Gusto, sabor. fig Importancia, transcendencia, valor.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.