logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


fervedoiro
sm Boullón, cachón, fonte, gurgullo, gurgullón, illó, manancial, nacente. fig Axitación, boureo, enxame, formigueiro, multitude, rebumbio, remuíño, trafego (había un fervedoiro de xente polas rúas). Cazolo, fervedor, pucheiro.
fervedor
sm Fervedoiro, cazolo, pucheiro.
fonte
sf Boullón, cachón, fervedoiro, gurgullo, gurgullón, illó, manancial. Chincheiracol, sen, tempa, vidalla. fig Orixe, procedencia (búscame a fonte das túas informacións) . Cuarteirón, mamadeira, pezón, pisas, teta, teto. sfpl Apelas, canais, canos, cordas, cordas do leite, cordas do ubre, veas do leite, veas leiteiras, veas mamarias, vías do leite. Bibliografía, documentación, orixinal (temos fontes sobre este fenónemo).
formigueiro
sm fig Axitación, boureo, bulicio, enxame, enxamio, fervedoiro, movemento, multitude, rebumbio, remuíño, trafego.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.