logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


brasón
sm Escudo (de armas). Gloria, honor, honra.
decencia
sf Compostura, decoro, dignidade, honestidade, honra, moralidade, respectabilidade. Decoro, moralidade, pudor, recato. Aseo, limpeza, pulcritude.
decoro
sm Decencia, compostura, respectabilidade, honestidade, dignidade, honra, moralidade. Decencia, recato, moralidade, pudor. Dignidade (viven na pobreza pero cun grande decoro).
dignidade
sf Autoestima, honra, orgullo, pundonor. Decencia, decoro, honradez, pudor. Autoridade, cargo, rango, representación (exerceu durante dous anos a dignidade de embaixador no Zaire).
fama
sf Creto, nome, renome, reputación, sona (é unha científica de moita fama). Celebridade, éxito, gloria, honra, notoriedade, popularidade, sona (os seus traballos gozaron de moita fama hai uns anos).
galardón
sm Distinción, homenaxe, honra. Premio, recompensa.
homenaxe
sf Celebración, cerimonia, festa, gala, solemnidade. Eloxio, enxalzamento, gabanza, honra, loa, loor, louvanza, louvor, recoñecemento, tributo.
honor
sm Consideración, creto, distinción, estima, gloria, honra, prestixio, renome, reputación. Dignidade, honra, orgullo.
honra
sf Honor, gloria, consideración, renome, estima, creto, reputación, prestixio, distinción. Honor, dignidade, orgullo. Homenaxe, loor, eloxio, louvanza, tributo, gabanza, enxalzamento, loa, recoñecemento, louvor.
orgullo
sm Amor propio, dignidade, honra. Altivez, arrogancia, fachenda, presunción, soberbia, vaidade.
realce
sm Distinción, gloria, honra. Avivamento, énfase, enlevamento, relevo. Brillantez, brillo, esplendor, grandeza, lustre, maxestade.
recoñecemento
sm Identificación (o acusado tivo que somerterse a unha rolda de recoñecemento). Análise, auscultación, exame, exploración, inspección, verificación (fixéronlle un recoñecemento xeral no hospital) . Agradecemento, gratitude. Eloxio, gabanza, loa (a súa obra mereceu o recoñecemento de toda a comunidade). Homenaxe, honra.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.