logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


compoñer
vt Compor, construír, fabricar, integrar. Constituír, formar. Crear, escribir, producir. Compor (tipografía). Amañar, arranxar, coaptar, compor, ensalmar, ensortellar reparar (fracturas ou escordaduras). vp vt Avir, conciliar, reconciliar. Adornar, aderezar, adobiar, ataviar, compor, enfeitar.
compor
vp vt Compoñer, construír, fabricar, integrar. Compoñer. Compoñer, ensalmar, amañar, ensortellar reparar (fracturas ou escordaduras), arranxar, coaptar. Compoñer, aderezar, adobiar, adornar, ataviar, enfeitar.
constituír
vp vt Converter, crear, erixir, establecer, fundar. Compoñer, compor, formar, integrar. vt Representar, ser (a túa intelixencia constitúe a túa mellor riqueza).
encadrar
vt Enmarcar. Axustar, encaixar, ensamblar. vp vt Colocar, incluír, integrar, situar.
enmarcar
vp vt Encadrar. Colocar, incluír, integrar, situar, ubicar.
formar
vp vt Constituír, crear, establecer, instituír, organizar (a coalición formouse a principios de ano). Adestrar, aprender, educar, instruír, preparar. vt Compoñer, compor, integrar (a Universidade fórmana distintas facultades). vp Conformarse, crecer, criarse, desenvolverse, facerse.
incardinar
vp vt Compenetrar, integrar, introducir.
integrar
vt Compoñer, compor, constituír, formar. Afiliar, incluír, sumar. vp Afiliarse, entrar. Sumarse unirse, xuntarse.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.