logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


aberrante
adx Anormal, estraño, raro. Absurdo, erróneo.
abisinio
adx Etíope. fig Estraño, raro. Trachurus trachurusXurelo (grande).
adrado
adx Raso, desmestado, ralbado, raro.
alieníxena
adx s Extraterrestre. fig Estraño, raro.
anacrónico
adx Anticuado, antigo. Obsoleto. Extemporáneo, raro.
anómalo
adx Anormal, chocante, estraño, insólito, irregular, raro.
anormal
adx Anómalo, irregular, insólito, chocante, raro, estraño.
atípico
adx Estraño, raro. Diferente, distinto, especial.
contado
adx Determinado, sinalado. Escaso, raro, xusto.
curioso
adx Cavouco, entremetido, indiscreto, interesado, metido, mirón. Escudriñador, esculcador, estudioso, investigador, observador, pescudador, pesquisador. Diferente, distinto, especial, interesante, raro, senlleiro, único (éche un exemplar ben curioso). Aseado, coidado, coidadoso, esmerado, ordenado, pulcro, xeitoso.
chocante
adx Desconcertante, estraño, impresionante, infrecuente, raro, sorprendente.
desacostumado
adx Desaclimatado, desadaptado, desafeito, desavezado, deshabituado. Desusado, estraño, excesivo, extraordinario, insólito, inusual, raro.
descoñecido
adx Anónimo, ignorado, ignoto, incógnito. Alleo, estraño, incerto, misterioso, oculto, raro.
desmestado
adx Adrado, raso, ralbado, raro.
dudoso
adx fig Complicado, confuso, turbio, escuro, raro.
enrarecido
adx Escaso, raro. Dilatado, rarefacto. Contaminado, turbio.
escaso
adx Limitado, pouco. Curto, exiguo, falto, incompleto, insuficiente. Raro. fig Cativo, mesquiño, tacaño.
especial
adx Diferente, distinto, particular, raro, singular. Apropiado, axeitado, específico, propio. fig Excelente, extraordinario.
esporádico
adx Accidental, casual, infrecuente, raro, ocasional. Disperso, illado.
estraño
adx Desacostumado, exótico, infrecuente, insólito, inusual, raro. adx s Alleo, estranxeiro, foráneo, forasteiro. s Descoñecido.
excéntrico
adx s Estrafalario, estrambótico, extravagante, exótico, raro, singular.
excepcional
adx Anómalo, insólito, inusual, ocasional, raro, singular. Bárbaro, colosal, estupendo, excelente, extraordinario, fabuloso, fantástico, formidable, magnífico, marabilloso, sensacional.
exótico
adx Desacostumado, estraño, infrecuente, insólito, inusual, raro. Chocante, curioso, extravagante.
extravagante
adx Estrambótico, excéntrico, exótico, raro, singular.
illado
adx Afastado, apartado, arredado, incomunicado, , solitario. Esporádico, infrecuente, ocasional, raro.
impropio
adx Improcedente, inadecuado, inaxeitado, inconveniente, incorrecto, inoportuno. Discordante, estraño, raro.
inaudito
adx Asombroso, estraño, extraordinario, fantástico, inconcebible, incrible, pasmoso, raro, singular, sorprendente.
inexplicable
adx Enigmático, estraño, incomprensible, inconcibible, indescritible, indicible, misterioso, raro.
infrecuente
adx Desacostumado, esporádico, estraño, inhabitual, inusual, ocasional, raro.
inhabitual
adx Infrecuente, desacostumado, esporádico, ocasional, estraño, inusual, raro.
insólito
adx Desacostumado, inaudito, inhabitual, inusitado, inusual, raro, sorprendente. Extraordinario, estraño, senlleiro, singular, único.
inusitado
adx Anormal, descoñecido, desacostumado, desusado, estraño, insólito, raro.
irregular
adx Asimétrico, desigual, descontinuo, variable. Anómalo, anormal, estraño, excepcional, inusual, raro. Ilegal.
maníaco
adx s Louco, tolo. Maniático, psicótico, raro.
maniático
adx s Maníaco, psicótico, raro. Cismeiro, obstinado, teimudo. fig Extravagante, raro. Manteigueiro, mequeiro, meiroeiro, meticuloso, consentido, escrupuloso, landainas, mexeriqueiro, mioqueiro, mimalleiro, melindroso, caprichoso, mengo, repugnante, minguilleiro, gurrumión, melindreiro, moqueiro.
orixinal
adx Orixinario. Inicial, primitivo. Senlleiro, singular. Excéntrico, extravagante, insólito. Curioso, raro. sm Manuscrito. Exemplar.
particular
adx Característico, específico, peculiar, propio, privativo. Determinado. Especial, estraño, extraordinario, prodixioso, raro, sorprendente. Individual, íntimo, persoal, privado, secreto. Exclusivo, senlleiro, singular. sm Cidadán, individuo, persoa.
peregrino
adx s Exótico, extraordinario, insólito, raro, singular. Vagaxeiro, viaxeiro. s Palmeiro, romeiro. sm Cethorhinus maximusPeixe bobo, peixe de pollo.
ralbado
adx Adrado, desmestado, raso, raro.
raro
adx Raso, desmestado, adrado, ralbado. Anómalo, anormal, irregular, excepcional. Escaso, exiguo, insuficiente. Desusado, infrecuente, insólito, inusitado, inusual. fig Estraño, excepcional, extraordinario, senlleiro. Estrambótico, excéntrico, extravagante.
raso
adx Adrado, desmestado, ralbado, raro. Aborroado, acugulado, atacado, ateigado, cheo, colmado, repleto. Aberto, despexado, libre. Achaiado, chairo, chan, liso, plano. Rastreiro, rapeño, rasante. sm fig Baldío, ermo, paramal, páramo.
rechamante
adx Rechamangueiro. fig Estrafalario, estrambótico, extravagante, pintoresco, raro.
singular
adx Característico, individual, particular, propio, senlleiro, , sobranceiro, único. Distinto, estraño, extravagante, peculiar, raro.
solto
adx Ceibe, ceibo, desatado, desenganchado, illado, libre. Descomposto (ándame o ventre solto). Ancho, folgado, frouxo (esa saia non che é moi solta). Ralo, raro. Cambiado, descambiado (diñeiro). Hábil, laborable (día).
turbio
adx Avolto, escuro, revolto, sucio, toldado, túrbido. fig Complicado, confuso, dudoso, escuro, raro. Deshonesto, inmoral.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.