logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acomodo
sm Acomodamento, acordo, axuste. Colocación, sitio (por fin conseguín un bo acomodo neste edificio). Adecuación, adaptación, colocación. Acougo, calma, paz, repouso, sosego, tranquilidade (ese rapaz non ten acomodo). fig Comenencia, conveniencia, componenda.
acougo
sm Calma, paz, sosego, tranquilidade. Descanso, repouso.
apousento
sm Albergue, aloxamento, hospedaxe. Cámara, cuarto, estancia. fig Acougo, calma, repouso, tranquilidade.
asueto
sm Descanso, folganza, lecer, repouso.
desafogo
sm Alivio, conforto, consolo, desabafo, descanso, tranquilidade. Comodidade, descanso, repouso, tranquilidade. Diversión, entretemento, expansión, lecer, ocio (practico deporte como desafogo) . Amplitude, folganza, folgura (podemos vivir neste piso con desafogo).
descanso
sm Folga, folganza, lecer, ocio, ociosidade. Entreacto, intermedio, pausa. Acougo, alivio, repouso, respiro, sosego, tranquilidade. Asento, descansadoiro. Escaleirón, relanzo.
folgo
sm Alento, respiración. Descanso, pousa, repouso, respiro, tregua (déixame un pouco de folgo antes de seguir traballando). Alento, ánimo, azo, fol, enerxía (xa non teño folgo para acabar este traballo).
inacción
sf Inactividade, ociosidade, quietude, repouso, inmobilidade.
inactividade
sf Inacción, inmobilidade, ociosidade, quietude, repouso.
inmobilidade
sf Acinesia, parálise, quietude, repouso.
paz
sf Acougo, calma, quietude, repouso, sosego. Acordo, concordia, harmonía.
relanzo
sm Descanso, repouso, sosego. Corgo, encoro, mansío, presa, remanso, represa, vouga.
repouso
sm Acomodo, acougo, calma, paz, quietude, sosego, tranquilidade. Sono. Descanso.
respiro
sm fig Alivio, descanso, repouso. Alimento, comida, pasto, pisto, pitanza, sustento, vianda.
sosego
sm Acomodo, acougo, calma, conforto, descanso, paz, quietude, repouso, serenidade, tranquilidade.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.