logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


adentros
smpl figInterior, sentir (para os meus adentros iso non está ben).
barruntar
vt Conxectuar, intuír, predicir, presentir, prever, sentir, sospeitar. Osmar, ventar.
compadecer
vt Chorar, lamentar, sentir (os seus amigos compadecían os seus sufrimentos). vp Apiadarse, condoerse, conmoverse, doerse.
conxecturar
vt Barruntar, intuír, predicir, presentir, prever, sentir, sospeitar.
coñecer
vt Saber (coñeces o camiño?). Distinguir, recoñecer (coñecémola polo andar). Tratar (coñecémonos desde nenas). Sentir (non coñece o medo). Advertir, notar, percibir, ventar (coñécese que vai chover).
chorar
vi Bagoar, bagullar, carpir, esbagoar, esbagullar, salaiar, saloucar. Laiarse, lamentarse, sentir. fig Escatimar, regatear, relear. Pedir, suplicar, implorar (máis que lle chorei non quixo facelo). Churidar, churir, desabrochar, florear, florecer, rosear.
deplorar
vt Lamentar, sentir (deploro a súa desgraza). Censurar, condenar, criticar, refugar, rexeitar (o pai deplorou a súa conduta).
escoitar
vt Atender. Oír, sentir.
experimentar
vt Comprobar, ensaiar, probar. Advertir, notar, percibir, sentir (experimentei un cambio na súa actitude). Padecer, soportar, sufrir.
oír
vt Percibir, sentir. Atender, escoitar.
parecer
vi Aparentar, asemellar, semellar. Crer, opinar. Amosarse, figurar, mostrarse. vp Asemellarse, imitar, pintar, tirar. sm Criterio, ditame, opinión, sentir, xuízo. Aparencia, aspecto.
percibir
vt Cobrar, recibir. Advertir, albiscar, apreciar, captar, catar, decatarse, enxergar, notar, observar, sentir, ver. Coñecer, comprender, entender, enxergar.
profesar
vt Exercer (profesión). Cultivar, sentir (profesounos a súa amizade). Adherirse (doutrina). Confesar, crer (profesa a fe católica). vi Meterse (Pepa profesou nas Carmelitas).
sentir
vp vt Advertir, notar, percibir. vt Intuír, presentir, sospeitar (sempre sentín que nos traizoaría). Apreciar, crer, estimar, pensar, xulgar. Oír. Chorar, lamentar (moito sentín o seu pasamento). vp Acharse, atoparse, encontrarse (desque comín aquel arroz con bogavante non me sinto ben). sm Crenza, criterio, opinión, parecer, pensamento, sentimento, xuízo.
ter
vp vt Aferrar, agarrar, aguantar, asir, manter, soster, suxeitar, termar. Conceptuar, considerar, entender, estimar, valorar, xulgar (teño para min que es inocente). vt Posuír. Conter, gardar (a carteira é para teres os cartos). Gozar, experimentar, sentir (sempre tiven boa saúde). Manter (tes boa relación cos veciños?).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.