logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


chintófano
sm col Chilindrada, chirimbolo, chisme, cousa, couso, tareco, trasto, trebello.
chirimbolo
sm Chintófano, trebello, trasto, chisme, tareco, cousa, chilindrada, couso.
chisme
sm Conto, cubillada, dixomedíxome, faladuría, laretada, maledicencia, murmuración, murmurio, remusmús, rexouba, rexoubeo, rumor, ruxe-ruxe. Chintófano, trebello, trasto, tareco, cousa, chilindrada, couso, chirimbolo.
tareco
sm Aparello, aveño, trebello, utensilio (como se chama o tareco que compraches?) .
traste
adx s Atravesado, aveso, escachacruces, escachapedras, fedello, galafate, inquieto, revoltoso, taravelo, trasfego, trasgo, trasno, traveso, tunante, xuncras. sm Cacharro, cachifallo, cangallo, chofre, tareco. Mastro. Cheiro, fedor, tasto (nese corruncho hai moito traste, ten que haber restos dalgún bicho). smpl Aparellos, apeiros, arabías, arreos, aveños, trebellos (vai xuntando os trastes para a malla).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.