logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


cabeza
sf Cacheira, cachola, cachucha (do porco e outros animais). fig Cacha, cachamea, cacheira, cachola, calamoucha, cheminea, chola, cocorota, colondro, crisma, croca, moleira, testa (do home). Individuo, persoa. Animal, res. Chencha, intelixencia, talento. Xefe. Cabeceira, cabeceiro, cadullo, testeira (dunha leira), cimal, cadabullo. Cabeceira, capital (de comarca, partido xudicial). Cabezo, capa, capela, carapela, cima do leite, crema, nata, pilico. Orixe, principio. Cabezo, cabezoalla, meixela (cabeza do eixo). Cimo, copa, cotela (parte superior das árbores). Bálano, capullo, glande.
cachola
sf Cacheira, testa (do home). Cachamúa, caco, calamoucha. Cacheira, cachucha, cabezalla, cachoucha, cachula, orelleira, cachaza.
coca
sf Besbello, bicho, bichoca, burgo, cachorro, cadela, casula, cortón, morrión, ralo, ronco, verme. clase NematodaAscáride, helminto, lombriga. Cocaína, pocol, fariñacol, nevecol. fig Cabeza chola, cachola, coco, cocorota, crisma, croca, testa. Phalacrocorax sppArau, bogueta, bucearoque, canilonga, carolo, chupona, cormorán, corvo, galo mariño, mergullón. Capadoira, pinzas, tenaces (crustáceos). sfpl Barbos, cepos, piollos, pollos, sapas (vaca). Bailarete, boloto, bugalla, bugallo, carraboullo, carrabouxa, carriboca, cecidia, cóucara, croca, curuxa, mazá cuca, mazá do cuco, tabuqueira.
coco
sm Cocos nuciferaCoqueiro. Pollicipes cornucopiaMixote, percebe da pedra, percebe da sombriza, percebe mexón. Abóbora, botefa, cabaza, cabazo, cabazote, caiota, calacú, melón de ola. Coca, cabeza chola, cachola, crisma, croca, cocorota, testa. Cocón, home do saco, sacaúntos (ser imaxinario).
croca
sf Cabeza, cacheira, cachola, coca, coco, cocorota, crouca, moucha, pucheira, testa. Calduda, cascón, castaña de canizo, castaña do carrizo, croca, garula, maiola, pillada. Bailarete, boloto, bugalla, bugallo, carraboullo, carrabouxa, carriboca, cecidia, cóucara, curuxa, mazá cuca, mazá do cuco, tabuqueira.
cheminea
sf Fogar, lar. fig Cabeza, cachola, chola, cocorota, corna, coto, croca, crouco, moucha, pinto, pucheira, testa (ese tipo esta mal da cheminea).
fronte
sf Testa. Frontal, frontispicio, fachada, fronteira, dianteira. fig Coalición, formación, partido, organización. Cabeceira (os sindicalistas marchaban á fronte da manifestación).
moucha
sf col Cacha, cachamea, cachimornia, cacho, cachola, caco, calamoucha, cheminea, chola, coca, cocorota, colondra, corna, coto, crisma, croca, crouco, pinto, pucha, pucheira, testa.
pucha
sf Gorro, pucho. fig Cachamea, cachola, calamoucha, chola, coca, cocorota, coto, croca, moucha, pinto, testa. Becerra, cucha, cuxa, vitela.
testa
sf Fronte. fig Cabeza, cachola, sentido, siso, xuízo (tes pouca testa).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.