| Definición: | Monosacárido, de fórmula CH2OH-(CHOH)4-CHO, que se atopa nalgúns alimentos, especialmente nas froitas, e no sangue do home e dos animais. É o producto final do metabolismo dos carbohidratos e constitúe a principal fonte de enerxía dos organismos vivos. Segundo as necesidades do organismo, a glicosa, mediante o proceso da glicoxenoxénese, almacénase en forma de glicóxeno no fígado e nos músculos ou libérase polo proceso de glicoxénese, a partir do glicóxeno, coa finalidade de obte-la enerxía necesaria para o metabolismo, mediante a glicólise. - [DGTM] |