| Ref. 555602 | |
| Campo temático: | <MEDIGAL.1.11.2/1.11.2.Fluídos corporais> |
| Definición: | Expulsión violenta pola boca do contido gástrico, producida pola contracción involuntaria da musculatura abdominal xunto coa relaxación do fondo do estómago e do esfínter esofáxico inferior, e acompañada de reflexos vexetativos como secreción salivar, sudación, palidez, etc. Pode ser provocado por tres tipos de estímulos: activación de vías nerviosas aferentes que actúan sobre o centro do vómito situado no bulbo raquídeo, activación de quimiorreceptores situados no chan do IV ventrículo ou activación de receptores labirínticos. - [DGTM] |
| Relacións semánticas: | [hipo => 555587] [hipo => 555588] |
| Termo GL: | vómito |
| Categoría: | m |
| Morfosintaxe: | vómito/vómito_NCMS0 |
| Variante: | com |
| Frecuencia relativa: | 137.36402476593 |
| Contexto de uso: | No momento da infusión pode producir reaccións alérxicas, dores musculares, febre e dor de cabeza, mentres que unhas 24 horas despois pode causar dor de cabeza e vómitos por irritación aséptica (de causa non infecciosa) das meninxes. [061] |
| Máis exemplos: | No CTG (algún dos exemplos do termo no corpus poden non corresponder ao concepto da ficha) |