| Definición: | Siglas do factor Rhesus: aglutinóxeno descuberto por Landsteiner e Wiener no 1940 nos glóbulos vermellos dos monos do xénero Rhesus, e que existen normalmente no 85% dos individuos, chamados por isto Rhpositivos. O 15% restante son Rh-negativos. Este factor está constituído por un complexo de seis antíxenos fundamentais, formado por tres pares de xenes alelos, Cc, Dd e Ee. A transfusión de sangue RH positivo a individuos RH negativos orixina a formación de anticorpos que
en sucesivas transfusións poden producir aglutinacións dos eritrocitos do doador RH positivo. O antíxeno de máis poder sensibilizante é o D. - [DGTM] |