| Contexto de uso: | A lexislación comunitaria sobre protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo, incorporada á nosa lexislación polo Real Decreto 664/1997, de 12 de maio, e a Orde Ministerial de 25 de marzo de 1998, clasifica os axentes biolóxicos anteriormente citados no grupo 2 (poden causar unha enfermidade no ser humano e pode supoñer un perigo para os traballadores, sendo pouco probable que se propague á colectividade e existindo xeralmente profilaxes ou tratamento eficaz), con excepción dos virus da hepatite B e C, o virus linfotrópico das células T humanas tipo 1 e o virus de inmunodeficiencia humana tipo 2, que os clasifica no grupo 3, que se refire ós que poden causar unha enfermidade grave no ser humano e presentan un serio perigo para os traballadores, con risco de que propague á colectividade e existindo xeralmente unha profilaxe ou tratamento eficaz, non sendo normalmente infecciosos a través do aire. [281] |