logo sli

Termoteca - Banco de Datos Terminolóxico da Universidade de Vigo

Resultados da pescuda

[Indice conceptual = 555937]


A Termoteca da Universidade de Vigo (https://ilg.usc.gal/termoteca/) está constituído por unha base de coñecementos terminolóxicos que se alicerza nun corpus textual de rexistros especializados do galego de máis de 30 millóns de palabras, formado polo Corpus Técnico do Galego (https://ilg.usc.gal/ctg/) e o Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (https://ilg.usc.gal/cluvi/). Os resultados das buscas efectuadas na Termoteca poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir á Termoteca como un todo, cite: Termoteca - Banco de Datos Terminolóxico da Universidade de Vigo - https://ilg.usc.gal.gal/termoteca/. Se desexa realizar outra pescuda na Termoteca, pode calcar aquí.



Ref. 555937
Campo temático: <MEDIGAL.3.8/3.8.Enfermidades do tracto respiratorio>
Definición: Inflamación difusa dos pulmóns que xeralmente comeza a nivel dos bronquios terminais, que quedan obstruídos por exsudado mucopurulento, e se estende máis tarde ós pulmóns, nos que forma zonas de condensación. Ocorre despois de infección das vías respiratorias altas ou secundaria a infeccións específicas e cursa con febre, tose e dispnea. - [DGTM]
Termo GL: pneumonite por hipersensibilidade
Categoría: f
Morfosintaxe: pneumonite/pneumonite_NCFS0 por/por_S hipersensibilidade/hipersensibilidade_NCFS0
Variante: com
Frecuencia relativa: 0.26399183103678
Contexto de uso: Estes autores conclúen que, aínda que sería de esperar que os métodos non baseados no cultivo ofrecesen unha mellor estimación da exposición que os métodos baseados no cultivo, a súa capacidade, validez e idoneidade dependen da capacidade para diferenciar entre especies naqueles casos en que os danos producidos se corresponden con respostas específicas a un axente biolóxico (asma alérxica, rinites alérxicas ou pneumonite por hipersensibilidade), xa que nestes casos as especies de microorganismos presentes son o máis importante. [1402]
Máis exemplos: No CTG (algún dos exemplos do termo no corpus poden non corresponder ao concepto da ficha)
Termo GL: broncopneumonía
Categoría: f
Morfosintaxe: broncopneumonía/broncopneumonía_NCFS0
Variante: lex
Frecuencia relativa: 0.52798366207356
Contexto de uso: A doenza principal deste grupo é a enfermidade do lexionario, pneumonía producida pola infección coa bacteria Legionella pneumophila, que permanecendo na auga se espalla en forma de aerosol desde escavacións, circuítos de aire acondicionado, etc. Aparece en forma de epidemias producindo unha sintomatoloxía que varía entre a infección asintomática e a aparición dunha broncopneumonía grave que se acompaña dun cadro clínico xeral con presencia de cefalea, mialxias, encefalopatía tóxica, síntomas dixestivos e hematuria. Un signo característico é a bradicardia relativa. Afecta esencialmente a anciáns e persoas inmunodeprimidas. Outra doenza típica constitúea a síndrome de Pontiac, cadro pseudogripal de curación espontánea en 2-5 días. [1398]
Máis exemplos: No CTG (algún dos exemplos do termo no corpus poden non corresponder ao concepto da ficha)
Termo GL: broncoalveolite
Categoría: f
Morfosintaxe: broncoalveolite/broncoalveolite_NCFS0
Variante: lex
Frecuencia relativa: 0
Contexto de uso: broncoalveolite s.f. Broncopneumonía. [1398]
Máis exemplos: No CTG (algún dos exemplos do termo no corpus poden non corresponder ao concepto da ficha)


Inicio Sobre a TermotecaCorpus Técnico do Galego Corpus CLUVI Descargar


Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG, Universidade de Vigo, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL