| Contexto de uso: | / S. de Landry Parálise ascendente aguda. / S. de Lartigue Morte súbita que se produce nos mergullados por síncope orixinada por un reflexo vasomotor. / S. de Lasègue Síndrome que se dá no histerismo, e que produce a imposibilidade de efectuar ningún movemento do membro anestesiado sen axuda da vista. / S. de Launois Xigantismo primario por aumento da secreción hipofisaria. / S. de Leriche Síndrome orixinada pola obstrucción da bifurcación aórtica por trombose, o cal orixina criostesia, claudicación, amiotrofia, impotencia e gangrena dos membros inferiores. / S. de Libman-Sacks Síndrome caracterizada por febre persistente de tipo séptico, anemia progresiva, erupcións cutáneas eritematosas e purpúricas, que se dá en persoas novas. / S. de Loeffer Síndrome que se caracteriza por unha infiltración pulmonar transitoria, asociada con eosinofilia e manifestacións sistémicas. / S. de Loewe ou Löwe Síndrome caracterizada por atraso mental acusado, glaucoma e cataratas, que se transmite de forma recesiva, ligada ó cromosoma X. Tamén se di síndrome oculocerebrorrenal. [1398] |