| Contexto de uso: | Entre as enfermidades infecciosas hai que distinguir entre aquelas producidas por patóxenos humanos como Mycobacterium tuberculose (tuberculose), Legionella pneumophila (lexionela e febre de Pontiac), Ortomixovirus (gripe) e Coronavirus (arrefriados) e aqueloutras producidas por organismos oportunistas, en particular certas especies de fungos que son saprófitos pero que poden producir enfermidades graves en individuos inmunoloxicamente deprimidos: Aspergillus fumigatus (asperxilose), Candida albicans (candidiase), Rhizopus spp. ou Mucor spp.(ficomicose). [1402] |