1300 |
XH I, 0/ 247 |
Et ẽna volta das armas, segundo dizẽ todoslos autores, ferio Jupiter aSsaturno, seu padre, entrelas pernas et cortoulle aquelo cõ queo engendrara pero nõ senõ os dous cõpanóós de bayxo que som ahũa maneyra feytos, et dizem que caerom ẽno mar et leuãtarõ hũa espuma, et chamarom aaquela espuma frodos; et tã grande materia erã elles, et tam grande espuma era aquela que [elles] leuãtarom da ferida que derõ ẽna agoa quese criou et se fezo ende adeesa de apostura et de amor aque os gentijs chamarõ Venus, et doutra guysa chamarõ aaquela espuma frodos que nasçeo de Saturno deesa Frodisa, et Frodisa et Venus hũa cousa som, et Venus outrosi he hũa das sete planetas. |
[+] |
1300 |
XH I, 0/ 252 |
As najades, suas yrmãas, que erã as mãçebas de hũas deesas daquel rrio, nẽ Ynaco seu padre nõ conosçiam que era Yo, et ella conosçiaos et ya em pos elles et tangiana elles, et ella sofriao et maravillauãse moyto [della]. |
[+] |
1300 |
XH I, 0/ 256 |
Et tomou os [estonçe] adeesa Juno et posoos ẽnas pẽnas do pauõ que era sua ave, et encheolle acola daquelas estreladuras fremosas que opauõ tem em suas penas. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 1 |
De cõmo a deesa Discordia deytou a maçãa entre as deesas, [Cõmo diso a deesa] Juno et Palas et Venus. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 1 |
Cõmo [o bispo Proteo diso aa deesa Tetis cõmo o ela] foy encãtar logo ao mar. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 14 |
Et estas estorias son aqui menester de mostrar o segundo quebranto de Troya, ca o primeyro contado o avemos ja aqui asy cõmo avemos dito para o destroymẽto d ' ela son outrosi menester estas estorias: da do naçemẽto do Infante Paris; et a do naçemẽto da RReyna Elena; ha do cõujte del RRey Tantalo; o juyzo de Paris et das tres deesas; ha de Oennone; et a de Achiles; a de Vlixas; et a de Axas; a del RRey Menalao; et a del RRey Agameno, seu yrmaão, que he o ffeyto prinçipal do destroymẽto de Troya. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 21 |
Mays en todo esto ya ela hũ dia aos altares da deesa Cate de Persia. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 21 |
Et Medea começou de chorar quando aquelo oyo, caendo -lle as lagrimas en terra et diso: ' Bem vejo o que farey; et nõ me enganara o nõ saber da verdade mays cõ o teu amor bem sey que defendido seras et gardado por meu don que me as prometido enpero cata que se defendido fores, et libre et saão et cõ soude ficares dos peligros que el rrey, meu padre, te diso que avia en gaañar a lãa dourada, que me teñas o que me prometes et o cũplas ' Et jurou lle estonçes Jaasõ por las santidades da deesa [Caches], en cujo tẽplo estauã, et por la deydade que aquel mõte avia, et por lo sol que cata et vee todas las cousas, padre del RRey Oeta, a quẽ el queria por sogro. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 27 |
Et nõ por toller a ty os ãnos, en tal que me ajude a deesa ca he poderosa de todos estes feytos, et sobre todos ẽnas virtudes et ẽnas obras d ' estas tres cousas: de palauras, et de heruas, et de pedras, et de cõjurações, et de suas obras, et suas vertudes ' Et por ende a chamã os latinos en seu latim ' tribus formis ' que quer dizer en nosa lyngagẽ cõmo tres formas. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 30 |
Et fezo logo dous altares de cespedes: ho da destra parte a a deesa Euchen, et ho siestro a a de(e)sa da mãcebia a que dize Juuẽtus en latim. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 30 |
Et des ende fezo seus sacrifiçios a aquelas deesas. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 41 |
Agora leyxamos as outras rrazões, et contar vos emos de hũ cõvite çue fezo el RRey Tantalo aos dioses et deesas por que perteesçe a a estoria |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Cõmo comerõ cõ el RRey Tãtalo todos os dioses et deesas Cõmo avedes oydo ante d ' esto ẽnas rrazões dos gentiles en tenpo de Jacob, juyz de Jsrrael, andados quareenta et dous ãnos do seu julgado, rreynaua el RRey Tãtalo em Frigia et Frigia teemos que dizẽ por Fisonja, et frigios por fisões. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et demãdou et convidou a este convite quantos dioses et deesas ẽno mũdo avia, [saluo] ende a deesa da discordia que nõ cõvidou nẽ quisera que fose y. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et quando chegou o dia do cõvite, vierõ aly todos los dioses et deesas. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et veẽo aly cõ elles a deesa da discordia. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et o dia d ' aquel cõuyte tomo a et foy se con ela para casa del RRey Tantalo onde todos los dioses et deesas forõ ajũtados em aquel convite del RRey Tantalo, que era fillo del RRey Jupiter et de Gaygenda, filla de [Atalante], rrey dos Algarbes et de Europa et de Africa - que son en oçidente do sol - et de Pelxone, que era dos primeyros et mayores et mays altos lynagẽes do mũdo. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et cõmo faziã os dioses, asi faziã as deesas et ajũtarõ se entõ a esta fala a rreyña que era yrmãa et moller lynda del RRey Jupiter; et Palas, deesa dos saberes et de batalla et de outras cousas moytas, (et) era filla del RRey Jupiter; et Venus outrosi, deesa de fremosura et de todas las outras aposturas (et) dos entẽdedores, que era amyga del RRey Jupiter (et) moller de seu corpo. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et en esta maneyra estauã todos los outros dioses et deesas ajũtadas ẽnos paaços del RRey Tãtalo, falando cada hũ de seus solazes et de seus amores et de seus avijmẽtos, cõmo erã as mayores donas, que lles acaesçeu. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et a deesa da discordia, veendo en aquel cõvite et en aquela nobleza et onrra a deesa da trayçõ et a deesa da aleyuosia et a deesa dos trafogos et a deesa das jnfirmjdades et a adeesa da luxuria; et cõ estas outras quantas deesas de bondades et de maldades avia, et todos los dioses cada hũus de seus poderes et de suas deydades; et veu se desdenada et deytada de tã bõo ajuntamẽto de tãtas bõas personas et tã nobles cõmo aly erã, teẽdo que nõ era ela a peor nẽ a mays vil de todas. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et buscou cõmo entrase no cõvite a pesar do convidador et dos convidados et ella era moy sabedor de arte magica et dous outros encãtamẽtos cõmo as outras deesas. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et d ' esta cousa nõ se traballaua(n) ali os dioses nẽ as deesas, senõ de paresçer et mostrar -se todos moy apostamẽte en seu convite et en seus solazes, et aver sua alegria et sua festa moy grãde. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et ella entrou [per] lo palaçio, et os dioses nẽ as deesas nõn a virõ. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et asy cõmo syan en seu apartado as tres deesas, Juno et Palas et Venus, chegou se a elas moy paso, et parou se lles de suso que a nõ virõ nẽ se decatauã d ' ela. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et cada hũa d ' elas quiserom para sy aquela maçãa. et sobre esto nõ quiserõ fazer graçia nẽgũa as hũas a as outras mays cada hũa d ' estas deesas queria a maçãa para sy et a cobijçaua moyto. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et por esta rrazon entrou desconcordia entre ellas et entendede que por aquelo entrou en aquel convite a deesa Discordia empero que fora deytada fora del et nõ convidada. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et pois que a discordia entrou entre aquelas deesas, et veu que nõ se podian avij̃r. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et diso logo a as outras: ' Amygas, esta maçãa eu a deuo de aver et mjña he ' Et diso enton deesa Palas a Juno, por bondade et por mesura: ' dade agora a mj̃ essa maçãa, et leerey eu a myña vez, et veerey que diz esa escriptura ' Et Venus, quando aquelo entendeu et veu que nõ era ella a que se nõ preçaua en fremosura menos que as outras, et diso entõ: ' señoras, poys que uos avedes leudo et teuestes a maçãa, de mesura seria que a desedes a mj̃ et que a leya eu outrosi a myna vez ' Et asy a derom as hũas a as outras a leer. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et des que forõ parãdo mẽtes et considerando et osmando cõmo a maçãa era fremosa, cobiçou a cada hũa para sy; ca cõmo quer que grãde gaãça nõ jazia y, pero pois que a descordia entrou entre aquelas deesas et virõ que se nõ podiam avij̃r, rrazoarom entre sy cõmo seeria d ' aquela maçãa. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et depoys que seuerõ, preguntou lles el RRey Jupiter que queriã; et ellas diserõ que [vynã] a el sobre pleito et por que era Palas deesa de [trinyo] - que som os tres dos sete saberes liberaes - en que he o saber da creẽça do rrazõar moy apostamẽte. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 46 |
Et digo que eu que sõo deesa de fremosura (et) dos [entẽdedores] et das aposturas, de nos todas tres, et aquela que d ' esto he señora deue de aver a maçãa se quer julge o a cara de cada hũa de nos ' |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 50 |
Cõmo vierõ as tres deesas a juyzo ante Jupiter, et el cõmo as enviou a Paris Oydas aquelas rrazões que diserõ cada hũa de aquelas deesas por sy, entendeu RRey Jupiter cõmo andaua a discordia entre ellas et mesurou sobre aquel feyto, pero nõ por que y moyto deteuese. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 50 |
Et entendeu bem as rrazões et o que deuyam y a julgar, mays diso a as dõnas deesas: ' nõ coydedes que eu nõ entendo ben esta rrazõ, o que cada hũa de vos ha dito, et o que deuja julgar mays do que a mj̃ [pertẽesçe], aqui o quero dizer ante estes dioses et deesas uos todas tres sodes mjñas parentas, et as duas mjñas molleres. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 50 |
Et mãdo eu asy que uos enplazedes todas tres ante voso fiel; et a que nõ for ao plazo, se por dereyta rrazõ nõ se escusar, que perga o dereyto d ' esta demãda [librado] ẽnas cortes dos dioses ' Et feyto o cõvite del RRey Tãtalo, et partidos d ' ende todos los dioses, ouverõ as tres deesas et Mercurio acoydado de yr a Paris ao juyzo da maçãa, et forõ se para el. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 50 |
Et vierõ ali as tres deesas et Mercurio cõ ellas por seu fiel. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 50 |
Et quando começarõ a entrar por lo vale de aquelas mõtañas de Astra, estaua Paris adeante su a soonbra de hũ moy grande et forte rrobre; et veu aquelas tres deesas: |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 50 |
Et logo cõmo chegarõ as deesas, et Mercurio cõ ellas, forõ todos [seer] [0] Et [demãdou] lles Paris que era aquelo que queriam; et rrespondeu Mercurio logo que a pleito vjñã ant el, et teuerõ por ben de dar [o] avãtage a Juno de dizer primeyramẽt. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 50 |
Leuantou se a deesa Juno, et parou se ante Paris moy apostamẽte - et tynja ẽna cabeça hũa corõa d ' ouro cõ moytas pedras preçiosas - , et começou sua rrazõ cõmo dona entendida, et diso: ' sabeas, Paris, que me prouvo quando Jupiter ante ty nos mãdou vij̃r, et sey que tu entẽdes o dereyto, et que o amas julgar, et tal fama as sabeas que eu sõo yrmãa et moller lynda del RRey Jupiter, que he o grãde enperador et señor dos rreys da terra et entender podes tu que se el dona mays fremosa ou mellor ouvese achado, nõ tomara a mj̃ por sua moller lynda. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 52 |
Da razon de Palas por la maçaam [Despoys] que a deesa Juno ouvo dito, leuãtou se Palas - et tyña sua espada çinta cõmo deesa de batalla - , et diso: ' Paris, poys que Juno diso et rrazoou quanto quiso, agora oe a mjña rrazõ. eu digo que de grã liñage ven a deesa Juno cõmo ela diz, mays que outra deesa eu te digo que veño d ' ese meesmo lyñagẽe, et ajnda te digo mays, que de ollos et de cara mays fremosa sõo eu ca elas anbas, et sõo tal que nõ ey por que me preçe menos ca hũa enperatriz. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 52 |
Et mostrã me a mj̃ estes dous nomẽes esto, ca o que me dizẽ Palas, sõo deesa de batalla, et corro mõte et caço Et quando d ' alo veño, tã fremosa me paro que nẽgũa d ' elas nõ ygoaria comygo en paresçer ben onde teño que por todas estas cousas, ou por qual quer d ' elas, que deuo eu de aver a maçãa demays tu, Paris, deues valer por armas et por caualaria; et de cõmo sõo eu mẽestra et deesa, que te ey de gardar et ajudar en elo para seer tu ben andante et se quiseres, oje me podes gaañar para senpre. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 52 |
De cõmo a deesa Venus diso sua rrazõ Poys que Juno et Palas ouverõ [rrazoado] o seu, leuãtou se Venus moy aposta, et parou se ante Paris. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 52 |
Et conta a estoria que ela veẽo tã fremosa que entre as duas deesas nõ avia quen tã ben pareçese [do] seu [liñagee]. diz outrosi que ela et Juno et Palas que de hũ abulorio veẽ, segũdo as estorias dos seus gentijs cõtã, et que era Venus moy ben tallada de corpo et moy ben ensinada et ben rrazoada. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 52 |
Et digo te que se tu por mj̃ julgares a maçãa, que eu te darey dom en quanto viuas que senpre te gozes cõ el; ca a que te promete [rryqueza], nõ teño que te promete grã cousa por que eu sey que sen estas deesas tu averas asaz d ' elo da promesa da caualaria et de armas, digo te outrosi que Eytor de Troya ha ende grã fama et prez, ca nõ he en [elas] mellor que tu. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 52 |
Et o que te estas deesas prometẽ nõ he por al senõ por te trasmudar que nõ julges dereyto. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 53 |
Cõmo vierom as tres deesas oyr a sentença de Paris que el dou em [rrazom] da maçãa Oydas as rrazões das deesas, diso Paris: ' departir quero sobre lo que cada hũa de vos ha dito ante que de a sentẽça, por que seja manifesta a verdade do que eu julgarey uos, deesa Juno, rrazoastes que erades mays rrica que as outras et mays poderosa deesa et vos, a deesa Pallas, et deesa et señora das batallas, et aviades [ende] a ventura en o saber. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 53 |
Et vos, deesa Venus, demostrastes que erades poderosa das aposturas et das fremosuras. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 53 |
Et d ' estas rrazões departo [eu] asy: que a terra et o rreyno, que a deesa Juno rrazoou por sy, que ben he verdade que son rriquezas en que a grandes viços et [deleytos]; mays esta nõ he rrazõ de fremosura outrosi do que diso a deesa Palas, que he señora da batalla, et que daria ventura et donayro a quen quisese ca he d ' elo poderosa; digo que a batalla he grãde gloria para aquel que a vençe et grãde onrra, et cresçe lle poder; mays a batalla nõ a de fazer cõ a fremosura. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 53 |
Et ao que a deesa [Venus] rrazoou por sy, que ela era poderosa das aposturas et das fremosuras et deesa que pode dar a mays fremosa moller a quen ela quiser - a esto digo que teño que he dereyto, que aquela das aposturas et das fremosuras he poderosa et señora et deesa, et tẽ a fremos(ur)a en poder. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 53 |
Et estando, julgo en juyzo a esta por mays fremosa que a qual quer de toda las outras deesas. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 53 |
Et eu por sentença de juyzo mãdo que a ela dedes a maçãa et eu para ela a julgo et mãdo que logo lle seja entregada ' a deesa Juno et a deesa Palas forõ moy tristes, et ouverõ moy grã pesar por julgar a maçãa para Venus. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 53 |
Et a deesa Venus que ficaua aly, agradesçeu a Paris moyto quanto aly avia feyto, et espedio se del, et outrosy foy se sua carreyra |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 54 |
Do sono que sonou Paris, et cõmo el RRey Priamo et a rreyna enviarõ por el Moyto foy sonado por todas [aquelas] terras este feyto d ' estas tres deesas et de aquela sua maçãa et da sentença que Paris dou, tanto que era moy nomeado por todas las terras Paris por los juyzos que daua dereytos, et moyto mays o foy d ' aly en deante. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 54 |
Et cõmoquer que el RRey Priamo avia oydo del por outros juyzos que avia dados, oyu de aquela vez moy mays; ca toda a terra falaua de aquel pleito das deesas et [do] juyzo que Paris y dera, [0] tanto que el rrey et seus fillos falarom em aquel feyto. et em pos esto apartou se el RRey Priamo com a [rreyña] Ecuba et falarom anbos em feyto de Paris, et departirom d ' esta gisa sobre ello: rrecontarõ logo o soño que a rreyna soñara, que aquel que ella parise em cõmo por el aviã de seer destroydos elles et Troya et todo o seu rreyno; et em cõmo por esta rrazõ o mãdaram matar et leuar aos montes por tal que se perdese ala et que nũca mays viuese; et outrosy em cõmo foy a criatura deytada, et cõmo foy sua ventura de nõ morrer nẽ peresçer em lugar tam ermo et tam despoblado. et sobre esta rrazom de -partirom et ouverõ grã peça de dia seu consello et seu acordo et diserom que poys que todos de aqueste jnfante falauã et elles meesmos o [aviam] oydo, que aquel pastor que dera aquel juyzo entre aquelas tres deesas que aquel era seu fillo, et que fora achado en aquelas mõtañas tam hermas onde elles ambos o mãdaram deytar por tal que morrese ende, et que nõ seria nada o que soñara a RReyna Ecuba; et agora poys que todos los pouoos dizem que el que he moyto noble et moy grande et moy fremoso et moy ensynado et moy sysudo et de moy bõas [mañas] et moy escolledor et julgador de dereyto,, tanto que bem semellaua fillo de rrey et de liñagẽe de rreys en todos seus actos; et poys que asy era que nõ aviam por que nõ enviar por el et rreçeberlo por fillo, ca a aquelo do soño da [rreyña] a que elles aviã medo moy grande diserom asy que aquel feyto do soño se de suso era ordenado et fondado et estabelesçido de asy seer et de se complir, que nõ era outro señor ẽno mũdo que o podese estraeçer nẽ desviar [senõ] aquel que o estabelesçera. et se desviado ouvese de seer por algũa gisa que aquel jnfante que morrera et nõ viuera mays, que se acomendase(n) a deus et que rreçebese(n) seu fillo; et deus que fezese de lo todo o que quisese. et des que el rrey et a rreyña ouverom este consello et acordo entre sy anbos et dous, librarõ em esta gisa; chamarõ a Ector et a todos los outros seus fillos, et contaron [lles] todas as rrazões que aviã avidas; et diserõ lles que se a elles provese et o nõ tomasen por nojo, que enviarian por seu yrmaão Paris et que o rreçeberiã por fillo. en conçello virõ os jnfantes que aquel avia de herdar et que nõ perdiam y nada, nẽ aos outros nõ lles enpeesçia nem fazia nẽgũ dãno o rreçebemẽto de Paris et todos se acharon en acordo que enviasem por el; et enviarõ logo por seus caualeyros el rrey et a rreyña, et deron lles suas cartas, et mandarõ lles que fosem por el et que o adusesem o pastor Paris, despoys que ouvo dada a sentença da maçãa ontre as tres deesas, segũdo que de suso ja avedes oydo, ficou em garda de seus gãados en çima de aquestes mõtes et vales de Astra, et fazia todas las cousas asy cõmo ante que dese aquela sentença. et acontesçeu em todo esto que dormyndo aly Paris hũa noyte ẽno meesmo lugar onde dera aquel juyzo, et veẽo a el em soños a deessa Venus, et diso lle em cõmo lle avia de acontesçer et de cõmo avia a seer rreçebydo moy çedo por fillo del Rey Pryamus et da Reyna Ecuba, et ajnda mays lle diso et o çertificou que Ector et todos los outros seus yrmaãos o rreçebiam et tomauã por yrmaão. ' Et tu yras ' -diso a deesa Juno -, ' et seeras moy bem rreçebydo. et despoys que fores ẽna graça et ẽna merçede de teu padre et de tua madre et de todos teus yrmaãos, tu me averas mester por vengança da desonrra que fezerom et foy feyta a teus parentes et estonçe te darey eu a ty a dõna que te promety, et esta he a mays fremosa criatura de que tu em todo o mundo oyste falar nem viste com os teus ollos; et quer seja casada quer outra qual quer, atal te darey eu a ty ' et ditas estas palauras, desapa resçeu Venus et foy se et Paris despertou do [sono en] que jazia et foy moyto alegre com el, et rretouo o em seu coraçom, et em [sua] voontade. et despoys de aquesto, [chegarom] os cavalevros del RRey Priamo et da RReyña Ecuba, sua moller, et de Ector et dos outros seus fillos; et el rreçebeu os moy bem et moy ensynadamẽte. et despoys d ' esto falarom elles [con] el et diserõ le o mandado a que [vjnã]: cõmo el RRey Priamo et a [rreyña] Ecuba oyram dizer que [aquel] pastor Paris seu fillo era, aquel que acharã ẽno monte et outrosi oya el que el RRey Priamo que era seu padre et a RReyña Ecuba sua madre et el rrespondeu a aqueles caualeyros que [vjnã] a el con aquel mãdado et diso lles asy: ' RRogo vos agora moyto cõmo vos sodes cavaleyros, fillos d ' algo et avedes dereyto et ben, que uos me desenganedes et me digades a verdade por que vijndes; ca nõ queria eu agora que me leuasedes [en] rrazõ de fillo del rrey, et depoys que ficase escarnjdo et perdese meu lugar que teño, et desi que ouvese de buscar outro por donde viuese et guareçese cavaleyros, eu esto vos rrogo que o nõ queyrades fazer ' et elles estonçe çertificarõ -n o por las cartas que tragiã, et lle mostrarom logo et outrosi por suas palauras et por seu menagẽe, dizendo que asy era. et Paris, poys que foy çerto et firme que asy era cõmo diziam os mãdadeyros, gisou se cõmo se fose cõ elles et enviou logo por seu amo em aquel lugar donde gardaua aqueles gaandos de el RRey Adymalet, a dizer -lle o ffeyto cõmo era et a rrazon cõmo estaua, et que lle enviaua rrogar que viesse logo aly, que moyto lle fazia mester et o pastor veẽo et falarõ anbos em rrazom d ' aquel feyto que lle el rrey et a [rreyña] enviaram dizer; et plouvo moyto d ' elo ao pastor et de quanto lle Paris d ' esto diso. et Paris preguntou moyto aficadamente a seu amo, o pastor, conjurandoo que lle disese cõmo ou [cal] maneyra o achara, cõmo quer que ll ' o avia dito algũas vegadas; et o pastor diso lle a verdade et fezo o çerto d ' elo. et en pos esto acordarõ anbos cõmo fezesem et Paris, pẽsando en seu coraçõ se lle fose menester para aquelo algũa prova ante el rrey et ante a rreyna et seus fyllos, et rrogou ao pastor, seu amo, moy fortemẽte que fose cõ el; et el outorgou ll ' o moy de grado et prouvo lle moyto. et Paris dou estonçe moy bõa conta de seus gãados a seu amo, et de toda las outras cousas que del teuera et ouvera et poserom aly todas las cousas por moy bõo [rrecado] Paris et o pastor, seu amo, que o criara et fezerõ moytos plazeres a aqueles caualeyros que vieram por Paris et dou aly o pastor a Paris, seu criado, moytas vacas et outros moytos gãados que leuasem cõ el, que ouvese que comese et que dese a quen quisese et leyxado aly todo o seu en rrecado,forõ sua carreyra et tragia cõsigo Paris, por onde andaua, hũa dõna moy filla d ' algo que avia nome Oenone; el [leuoa] (consigo) |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 84 |
Et a deesa Tetis, acõmo quer que avia encãtado seu fillo que nõ entrase ferro en el, soubo por rresposta de seus ydolos, et por que ll ' o disera o bispo Proteo que sobre Troya avia de morrer Achilles, seu fillo, se ala fose. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 84 |
Desi a deesa Tetis comẽdou se em graça del rrey et das jnfantas et foy se para sua terra. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 85 |
Et pero que a deesa Tetis ascondera seu fillo en grã poridade, sabian o algũus bõos et sonaua en casa del RRey Licomedes. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 85 |
Et entẽderõ Vlixas et Diodemes que aquel era Achilles et leuãtarõ se, et diserõ lle: ' tu es Achilles, fillo do Jnfante Peleo et da deesa Tites que te ascondeu aqui por que lle diserõ os adeujnos que avias de morrer ẽna batalla de Troya. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 85 |
Et diseron estonçe a Achilles: ' Sabede, don Achilles, que el RRey Agameno et el RRey Menalao te envian dizer et mãdar que te vaas co nosco a Troya, ca asy o mãdou a deesa Mynerua em sua rresposta. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 86 |
Et en quanto Achilles aly morou, nẽgũ nõ soubo que era õme senõ a donzela Diomedia, et a jnfanta que era a mayor filla del RRey Licomedes, a quẽ Achilles amaua moyto ca o sabia de ante aquesto por rrazõ que a deesa Tites, madre de Achilles, o trouxo a el rrey, seu padre, et diso lle pero que outras yrmãas avia que el fezese a esta mays onrra estremadamẽte ca a nẽgũa das outras, coydando que era moller. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 86 |
Et quando a veu chorar, disolle: ' filla, ¿(por) que chorades? dezede o que quiserdes, ca nõ demãdaredes cousa que a eu nõ faça ' diso lle ella: ' padre et señor, aquela donzela que uos aqui trouxo a deesa Tetis nõ he donzela mays õme et seu fillo d ' ela et do Jnfante Pelion. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 90 |
Et quando a aduserõ ao altar, onde a aviã a degolar et fazer o sacrifiçio, et a estenderõ sobre lo altar; (et) ante que a degolasen, veu a deesa ha omjldança del RRey (A)gamenõ, et as bõas voõtades dos grãdes [omes] que aly erã ajuntados, et a vmjldade que lle fazian da querela que d ' eles avia; et nõ quiso que Fisonja morrese. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 90 |
Et fezo vij̃r hũa çerua, et fezerõ seu sacrifiçio; et ouverõ pagada a deesa Diana feyto aquel sacrifiçio a a deesa, mãdou logo mouer el RRey Agamenõ a flota et Filotetes, que era y, et era ydo cõ Jaason et cõ Hercoles quando forõ por la (lãa) dourada, et fora cõpaneyro de aquel Argos; et sabia mays de arte do mar que nẽgũ dos outros que y erã. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 100 |
Et o seu poder et seu saber et pensamẽto foy [desvariado do] das outras deesas et adeuyñadeyras |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 106 |
Sabede que a deesa onrrada, Diana, nos he moy sanuda por que a nõ pregũtamos nẽ lle fezemos sacrifiçios et bem nos mostrou y seu talente. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 106 |
Et Agamenõ fezo seu sacrifiçio a a deesa moyto omjldosamẽte. |
[+] |
1350 |
HT Miniaturas/ 363 |
Et as gẽtes da terra falauã desuariada mẽte os [hũs] deziã que se fora para sua madre, a que chamauã (hũa) deesa; os outros [dezia] que cõ pesar que avia do yrmão que perdera o syso et se fora [per] lo mũdo a perder outros diziã que fora leuada d ' aly cõ grãde aver pero nũca d ' ela poderon aver çertedũe que fora d ' ela |
[+] |
1370 |
CT 1/ 467 |
Et tã coytad[a]s erã que nehũa delas nõ podían estar sobre seus pees, et rrasgauã et esgiçauã seus briaes, et depenauã os cabelos, et desfazíã os rrostros et os peytos, et maldezíã as auẽturas et as propheçías et as promesas dos dioses et das deesas. |
[+] |
1370 |
CT 1/ 645 |
Et todos bem creemos et sabemos por uerdade que Palas, a deesa da batalla, a que dizẽ Minerua, a cuio nome el rrey fazía aquel tenplo, enuiou y aquel sinal por segurança que troyaos fosen bẽ çertos et nõ ouuesen pauor de mays perder esta uila en quanto [o] y teuesem. |
[+] |
1370 |
CT 1/ 681 |
Et por seu mal poso en mj̃ a mão, ca a santa deesa se queixou ende muyto, et por ende quiso que lle uẽese ende mal et morrese tal morte. |
[+] |
1370 |
CT 1/ 731 |
Et as gentes da terra falauã y todas, et hũus dizíã que se fora a sua madre, a que chamauã Deesa; et os outros dizíã que, cõ coyta et cõ grã doo do yrmão, que perdera o siso et se fora perlo mũdo a perder; outros dizíã que fora longe d ' alý, cõ grand auer leuada; mays pero nũca dela poderõ auer çertedũe. |
[+] |