1345 |
PRMF 306/ 495 |
Era de mill e trezentos e oytenta e tres anos, XX dias de nouenbro, Sabbeam todos quantos esta carta viren conmo eu Tareiia Gill, filla de Gill Fernandes de Millmanda e de Maria Anes, que foron, de suu con Nuno Fernandes meu marido, anbos en senbra por nos e por nossa uoz, damus a foro a uos Gonçalo Peres de Freaes e a uossa moller Maria Anes e a toda uosa uoz pera senpre en a meatade, et a uos Martin Peres e a vossa moler Tareia Dominges et a toda uossa uoz pera senpre en a meatade, conuen a saber: sete leiras derdade de dizema a Deus, que eu Tareiia Gill ey, que jazen en a Ueiga de Freaes d ' Eires, freigisia de Santa Maria, conuem a saber: a huna delas chaman da Fonte do Pereiro; et outra jas yndo pera iglesia ia dita, que parte con leira dos de san Christouuo; outra parte con leira desta dita feligresia et uay ferir en o camiño que uay pera o porto d ' Eyres; et outra leira ias a çima da leira que e de foro da iglesia, que parte con leira de fillos de Maria Fernandes; et outra leira parte contra leyra de Francisco Monteyro, e doutro cabo con leira de foro deyla nay; et outra leira ias a çima da erdade do casal da pia et entesta con outra leyra de fillos de Jacome Eanes et ençima con leira que chaman da Fonte d ' arriba que he de Gonzalo Peres; et outra leira parte con leyra de Francisco Monteyro et da outra parte con leira de Goncaluo Peres. |
[+] |