| 1433 | MNP 66/ 93 | Sabean todos que nos o doutor frey Fernando de Momferral, gordian do moesteiro de San Françisco da villa de Pontevedra, et frey Gonçalvo Rodrigues et frey Fernando de Nogueira, mestres en Teología et frey Martino Deça, liçençiado, et frey Fernan de Montes, vicario, et frey Afonso de Moraña et frey Alvaro de Valença, bachilleres, et frey Fernando de Salamanca et frey Fernando de de Caldas et frey Gonçalvo de Tui, fraires conventũaas do dito moesterio, que a esto aqui endeante contiudo somos presentes, dentro ẽno capitolo do dito moesteiro por tanjemento de canpãa, segundo que tivemos de uso et de costume et que fasemos por nos et por nosos subçesores, aforamos et damos en aforamento a vos Afonso de Moldes, lavrador, morador ena fiigresia de San Pedro de Campañoo que sodes presente, et a vosa moller Tareia Rodrigues en hua meatade deste aforamento adeante contiudo, et a vos, Juan de Moldes, morador ẽna dita fiigresia que eso mesmo sodes presente, et a bosa moller Maria do Ribeiro ẽna outra meatade, a nosa viña do Baao que nos foi mandada por Afonso Eanes Quijado, cuia alma Deus aja, et mas o paaço et lagar da dita viña et mas todas las herdades, casas, casares et plantados et bouças que asi a nos perteesçen et nos foron madadas por lo dito Afonso Eanes enos lugares que disen o Baao et do Catadoiro et mas a leira de nosa bouça que agora por nos traje Fernan Garçia do Cachon et aforamavos a dita viña et herdades et bouças suso scriptas que son suas enas fiigresias de Sam Pedro de Canpanõo et de Santa Maria d ' Alva et de San Viçenço de Serpenções, con mays todas las outras herdades et bouças que a nos et ao dito noso moesteiro et convento del perteescan o perteesçer deven de dereito ẽna ditas fiigresias et en cada hũa delas por herança do dito Afonso Eanes Queijado et por outra qualquer rason que as hi ajamos salvo que o casal de Moldes con suas perteensças que a nos et ao convento do dito moesteiro mandou Afonso Yanes, carpenteiro, et aforamosvos a dita viña et casas et herdades et plantados, a dita viña con seu muro et çerca et tarreo en que esta, as ditas herdades et casas et plantados onde quer que vãaa montes et a fontes, con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven de dereito por tenpo da vida de vos os ditos Afonso de Moldes et Juan de Moldes et das ditas vosas molleres et de tres voses a alende o postromeiro de vos et das vosas molleres et por mas a alende das ditas tres voses viinte et nove anos conpridos primeiros segintes, et a primeira vos deve nomear a segunda vos et a segunda vos a terçeira et a terçeira bos quen ha de aver os ditos biinte et nove anos, so tal pleito et condiçon que vos et as ditas vosas molleres et as ditas vozes et o que ouver os ditos viinte et nove anos que lavredes et ben paredes a dita viña de poda et cava et arrenda et rodriga et a esterquedes et muredes et valedes et requireades de todos los outros lavores que ouver mester segundo perteesçe a viña ben lavrada. | [+] |
| 1433 | MNP 77/ 109 | Sabean todos que eu Maria Garçia da Devesa, morador ena fiigresia de Santa Maria d ' Alva, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas voses, non costrenguda por força nen por engãno resçebido, mas da mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Juan da Igllesia, morador ẽna fiigresia de San Biçenço de Serpençoes, que sodes presente, et a vosa moller Tareija Peres et a todas vosas vozes et suas, toda a mĩa parte et quinon que eu ey et a mĩ pesteesçen do casal, casas, casares et chantados et viñas que chaman Liviãa, que he ẽna dita fiigresia de San Biçenço, onde quer que el baa, a montes et a fontes, o qual a mĩ perteesçe por parte de meus padre et madre et avoos et por conpras et gãanços et por outra qualquer rason que a mĩ perteescan de aver et herdar, et vendo, como dito he, toda mĩa parte do dito casal, herdades et plantados et hiñas, con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito, por contia de trinta mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos triinta mrs. da dita moeda eu de vos resçeby en presença deste notario et testemoyas, et de que me outorgo etc. | [+] |
| 1434 | MNP 107/ 146 | Sabean todos que eu Catalina Gonçales, moller que foy de Fernando Duran cuja alma Deus aja, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas boses, aforo et dou en aforamento a vos Fernan Monteiro, morador ena fiigresia de San Viçenço de Serpençoes, que sodes presente, et a vosa moller Maria Fernandes, por tempo de vosas vidas danbos et por mas aalende das ditas duas voses viinte et nove anos compridos primeiros seguintes, et hũa boz deve nomear a outra et a outra deve dar vos quen ha de aver os ditos viinte et nove anos, as mĩas leiras de viñas que jasen no casal de Lebrey, as quaes jalen juntas con outras leiras de viñas que agora labra Pero Franquo, escripvan, et son ẽna dita fiigresia, et as quaes a min perteesçen por manda que me delas fezo Maria Peres moller que foy de Pero Franquo mercador, et eu ey delas de pagar ao moesteiro de San Salvador de Lerez, en cada un ano, noventa mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros por foro por elas et por lo dito lugar et leiras, et aforovos como dito he as ditas leiras de viñas con seu tarreo en que estan et con seu muro, çerqua et entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteescen et perteesçer deven de dereito viñas de poda, cava, rodriga, arrenda et que as requirades de todos los outros lavores que ouveren mester, en maneira que se non pergan por mingoa de lavor et chousura, et devedes de dar a mĩ et a mĩas boses por foro, çenso, conosçemento das ditas viñas, o terço do viño que Deus en elas de, mosto aa dorna, o disemo a Deus pago de consũu, et vos averdes os outros dous terços por voso lavor et feitio. | [+] |