1416 |
LCS [31]/ 22 |
Sabean todos que eu Afonso da Cana, carneçeiro, morador enna çidade de Santiago de mĩa propia et livre voontade outorgo et connosco que faço aviinça con vosco Martin Serpe alcallde enna çidade de Santiago et con Martin Galos et Gomes Rodriges, jurados enna dita çidade et con o conçello da dita çidade que seedes juntados por crida de anafil enno sobrado da notaria de Roy Martines, notario, segundo que avedes de uso et de costume asi et tal maneira que eu des oje esto dia endeante en tenpo de mĩa vida use de ofiçio de servente enna dita çidade con os alcalldes que agora son et foren de aqui endeante da dita çidade, conven a saber: que eu por min ou por outro faça et cunpla o que mandaren as ditas justiças ennos homes et molleres que eles prenderen ou mandaren prender et foren presos et postos enna cadea do conçello desta dita çidade enforcando et açoutando ou degolando ou deçepando aquelas personas que foren sentençiadas enna dita cadea por los alcalldes que agora son et foren de aqui endeante ou por cada hũu deles et obligome de estar residente para usar do dito ofiçio et que me non encorra nen absente a outras partes nen me ponna en eglesia nen en moesteiro nen en outro lugar algũo coutado ou privilegiado nen en poder de cavaleiro nen escudeiro, dona nen donzela nen de outra persona algũa poderosa que me anparen et defendan que non use do dito ofiçio. |
[+] |
1438 |
VFD 116/ 125 |
Loys Gonçalues, Goterre Afonso, Gomes Peres, Estebo Fernandes, rejedores, Aluaro Cide, procurador, logo todos ordenaron que, por quanto era serviço de Deus et de noso señor El Rey et de noso señor obispo que personas nehuas non trouxesen espadas, por ende que asy o ordenavan, asy escudeiros do señor obispo como seus omes de pe e de Garçía Dias e do abade e do dito arçediano e visiños e moradores da dita çidade, que non trouxesen espadas nen puñáas nen outras armas nehuas, so pena de as perder e jaser X dias na cadea preso, por la primeira vez, e por la segunda, que perça as armas et jasa XX dias na cadea, e por la segunda, que perça as armas e que o açouten toda a çidade. |
[+] |
1442 |
VFD 214/ 230 |
Ano Domini M.o CCCCXL e dous, o primeiro dia do mes de mayo, en Ourense, ante as portas das casas donde mora Lionor --------, que está ena rúa da Praça, estando y presente Afonso Anrriques, logo o dito Afonso Anrriques diso que por quanto por las dita Lionor -------- se fasía mal e dano et viña pérdida e dano a çertas personas, vesiños da dita çidade, e agora estaua en ponto de morte Gonçaluo de Valdeorras, ome de Johán Rodrigues, por ende que mandaua por sentença que fosen degradadas et as degradaua da dita çidade, des oje este dia en deante, saluo se quisesen tomar omes que os tomasen et posesen pano por él, so pena que se as achasen des oje en deante, que fosen açoutadas e as açoutasen toda a dita çidade. |
[+] |
1445 |
VFD 130/ 137 |
Et logo, en este dito día e ora e por estas testemuyas, se apregou a dita carta do dito señor Rey e por mandado dos ditos juises que mandauan da parte do dito señor Rey que tomasen as brancas vellas e seuilláas et pardillas et rabos de gallo en tres diñeiros e as brancas nouas en diñeiros, et qual quer persona que as engeitase que perdese de pena a mercadoría et as engeitase et perdese de pena por la primeira ves III mrs e por la segunda que perdese de pena a mercadoría et a dita pena dobra et por la terçeira ves que perdese a mercadoría et que o açoutasen toda a çidade. |
[+] |