| 1405 | VFD 64/ 102 | Sabean quantos esta carta viren como eu Afonso Gomes de Fygeyroa, comendador das comendas que a Ordeen de Santiago ha eno reyno de Galisia, por min e en nume da dita ordeen, por poder que eu ey de don Lourenço Suares de Figeyroa, mestre da orden de cabalaría de Santiago, por esta carta aforo a vos Ares Mosqueyro, escudeyro, e a tres voses apús vosa morte, que sejan vosos fillos ou fillas ou aqueles que mays de dereito erdaren os outros vosos bees do dito Ares Mosqueyro, conbén a saber, que bos dou e outorgo a foro o couto de Garabaás e de Barbantes et de Maçeda dos Montes e os casares d ' Amoeiro e con as casas de Ribadauia e con mays a presentaçon de toda a Iglesia de San Pedro de Grabaás con seu jantar, según que eu o dito comendador en ela ajo, et juro que esto andou en renta enos tenpos pasados. | [+] |
| 1410 | FDUSC 272/ 287 | Dada en Santiago, treze dias de jullio anno Domini Mo CCCCo desimo. - Lupus Fernandi, cabalarius in decretis. | [+] |
| 1435 | VFD 97/ 109 | Et logo, en este dito dia et ora e por estas testimoyas, eno dito lugar e paaços do dito señor obispo, presentes os ditos señor obispo e rejedores, procurador, benefiçiados, ordenaron que por rasón que avyan defeso que se non fesesen esterquos ena dita çidade nen trouxesen porquos, segundo que diseron que o ja avyan ordenado, et por quanto entendía que era proveyto dos visiños da dita çidade et de todo o poboo se se os ditos esterquos fiseren et de se os ditos porquos trageren çerto tenpo do ano, por ende todos concordantes diseron que ordenauan et mandauan que os ditos esterquos que se fesesen e os fesesen quaes quer visiños das ditas çidades en todo o mes de novembro e de desenbro et janeiro et fevereiro, que eran quatro meses, e non mays, et que fesesen os ditos esterquos por las rúas et ante as portas de suas moradas, salvo que os non fesesen enas praças do Canpo e do Pescado e do Centeo e da Crus dos Ferreiros ata as casas de Lyonor de Nóboa et ena praça da Barreira et da Ayra e enas outras praças da dita çidade que se non fesesen en nehún tempo, salvo enas rúas e calles da dita çidade e cabalariças e casas, eno dito tenpo dos ditos quatro meses, e mays non. | [+] |
| 1489 | PSVD 183/ 442 | Sabean quantos esta carta de aforamento biren como nos don Loys Lopes, prior do moesteiro de San Saluador de Bilar de Donas, que he da horden da cabalaria de Santiago, et conosco os freyres do dicto noso mosteiro seembtados juntos dentro do corpo do dicto noso moesteiro por tangemento de canpana tangida segun que abemos de uso et de custume et beendo et agredendo que esto adiante contiudo he feito prol, probeyto et utilidad do dicto noso moesteiro et dos benes et posesonos del, outorgamos et conosçemos que façemos, por nos et en nome dos outros priores et freyres que en pos de nos bineren et subçederen enno dicto noso moesteiro, aforamos et damos en aforamento et por rason de foro a bos Sueiraes, de Steponos, que presente sodes, et a bosa moller Maria Sanches, que he absente, tanben et tan conpridamente como se fose presente, conben a saber, que bos aforamos et damos enno dicto foro et carta o noso lugar de Tras Miee et o lugar de casal de Balteyro et o lugar de Fagilde et o lugar de San Bytoryo et o lugar de Fonteela Redonda et o lugar de Suriba et o lugar de Lalyn con as herdades de San Sebasthanoo et o lugar de Linares, que son sitos ennas frigisias de Sancta Maria de Pujeda et de San Pedro de Sallaya et en Santiago d ' Albaa et en San Sabasthanoo de Gestrar, que son en terra de Ulloa et da Repostaria, et en Santiago de Linares, que he en terra de Abeancos, que son nosos et do dicto noso monesterio, conben a saber, que bos aforamos por dias de bosa bida et da dicta Maria Sanches, bosa moller, et por mais a alende o postromo de bos tres boçes et bynte et nobe annos; a prima boz qual o postromo de bos nomear en sua bida ou ao tenpo de seu finamento, et non seendo nomeada a dicta primeyra boz que seia bos quel ou aquela que herdar a mayor parte dos benes do postromero de bos posa nomear a segunda boz et a segunda boz posa nomear a terçera et a terçera posa nomear a persona que tenna et aia os dictos bynte et nobe annos, et con tal pleito et condyçion que aiades de haser as casas dos dictos lugares que iasen derribadas et faser labrar as herdades deles de manera que non se perga todo por mingua de restoyramento, labramento et thonsura, et saques las herdades dos dictos lugares donde iasen ascondidas et negadas a bosa custa et misyon; et abedes de ser serbentes et obidientes a nos et ao dicto noso mosteiro et subçesores; et abedes de dar et pagar de renta et foro de cada anno bos et as dictas bosas boses et persona que subçeder et nos dictos bynte et nobe annos dose fanegas de çenteo, lynpo de poluo et de palla, et medidas porla fanega dereyta da tulla do çeleyro do dicto noso moesteiro enno mes de agosto ou de setenber et nos lugares sobredictos que mays cerqua nos estoberen probados e mays açerqua do dicto noso mosteiro, por quanto estes sobredictos lugares tobo aforados boso sogro Gonçaluo da Rigeyra por çertas boçes et por los dictos bynte et nobe annos et abia de dar de renta et foro de cada anno oyto fanegas de pan et agora abedes de pagar dose fanegas; as quaes boçes et annos aynda non son conplidos; por eso, porque he probeyto do dicto moesteyro et Horden dela bos fasemos o dicto foro; et a fin do dicto tenpo asy leyxar todo libre et quito et desenbargado con todos los perfeitos et bonos paramentos que ennos dictos lugares foren et estoberen feitos ao dicto moesteiro et subçesores del; et bos, o dicto Sueirares, nen a dicta bosa moller et boses et personas que subçederen ennos dictos bynte et nobe annos non abedes de bender nen sopenorar estes dictos lugares et herdades deles nen traspasarlos en persona alguna sen primeiramente requerir a nos et a nosos subçesores se o queremos tanto por tanto, et non o querendo que entonçes o posades faser a tal persona que seia llana et que dea et pague as dictas dose fanegas de pan de cada anno et cunpla et garde as outras maneras et condyçonos suso dictas. | [+] |
| 1493 | PSVD 184/ 445 | Sepan quantos esta carta de aforamento biren como nos don Aluaro Basques de Palacio, prior del monesterio conbentual de San Salbador de Bilar de Donas, que he da horden da cabalaria de Santiago de la Espada, estando en noso cabido juntados por canpana tangida segun que he de uso e costume, conben a saber, con outorgamento de Symon Rodrigues, de Sabynao, et de Fernando Afonso, de Lamas, e de Gomes Ares, de Castro, freyres et canonigos enno dicto moesteyro, que estan presentes et outorgan, aforamos et aberbamos a bos Pero de Bilar, besino e morador enna fegresia de San Pedro de Bila Noba de Paaços, que he en terra de Repostaria, et a outras tres personas depus de bos soçesybelemente huna enpus de outra en esta maneyra: que bos, o dicto Pero de Bilar, en bosa bida ou a tenpo de boso finamento nomeedes a primeyra bos et a primeyra nomee a segunda et asy de grado en grado, et non sendo nomeadas entendese seer bos e persona aquel ou aquela que con dereito herdar bosos benes et asy de cada huna das dictas bozes, conben a saber, que bos aforamos como dicto he o noso casal et lugar de Bila Noba de Paaços, que he sito ennas fregisias et so os synos de San Pedro de Bila Noba et de Sancta Maria de Leuoree, segun que o desenbargou ao dicto moesteyro Roy Fernandes Nugeyro, que aia sancta gloria; o qual dicto lugar et casal bos aforamos como dicto he con todas suas casas et herdades et formaes por donde quer que baan et lle pertescan, a montes et a fontes, de feyto et de dereyto ennas dictas fregesias, a tal pleito et condiçon que bos, o dicto Pero de Bilar fagades huna casa de morada enno dicto lugar, desde este dicto dia da feyto desta carta de aforamento en tres annos, et a tenades cuberta et reparada, et as herdades do dicto lugar ben labradas, de manera que se non perca nihuna cousa do dicto lugar por mingoa de labor et de bono paramento; et abedesnos de dar bos, o dicto Pero de Bilar, et as dictas bosas boses de cada un anno de foro et renda do dicto lugar et casal seys fanegas de çenteo, linpo de poluo et de palla, enno mes de agosto ou de setenbro, et medido porla medida dereyta da dicta terra; et mays por cada dia de Trasfiguraçio un carneyro que seia boon con seu bino, posto enno moesteyro; et mays que seiades bos, o dicto Pero de Bilar, et todas bosas bozes basalos, serbentes et obedientes ao dicto moesteyro et prior et freyres del; et mays que cada persona como suçeder enno dicto foro seia tiuda et obligada de se presentar con o dicto foro dentro enno dicto moesteyro ante o prior et freyres del en termino de trinta dias primeyros seguientes, et non no conprindo asy que o dicto foro seia en sy nihun et quede logo baco para o dicto moesteyro; et non pagando eso mismo bos, o dicto Pero de Bilar, ou cada huna de bosas bozes et personas este dicto foro et renda suso dicta en termino de dous annos que o dicto foro seia eso mismo baco et de ninhun balor; et non benderedes bos nin as dictas bosas bozes nin traspasaredes este dicto foro en persona alguna syn primeyramente requerirdes a nos ou nosos suçesores se o queremos tanto por tanto, et non no querendo nos que entonçes que o façades a tal persona que seia mas ditele et cunpla et pague todo o sobredicto; et o fin de bos, o dicto Pero de Bilar, et das dictas bozes que o dicto lugar et casal et herdades del fiquen libres et quitas et desenbargadas ao dicto mosteyro, cuias son, con todos los bonos reparos e benfeytos que en todo elo for feyto. | [+] |
| 1494 | PSVD 185/ 447 | Sepan quantos esta carta de aforamento biren como nos don Aluaro Basques de Palaçio, prior del monesterio conbentual de San Saluador de Bilar de Donas, de la orden et cabalaria de Santiago de la Espada, con outorgamento et consentymento de Fernando Afonso, de Lamas, et de Gomes Ares, de Castro, freyres de la dicta Orden et canonygos do dicto monesterio, por esta presente carta outorgamos et conoscemos que aforamos et damos en foro et por razon de foro a bos Rodrego, de Liulfe, et a bosa muller Maryna Afonso, de Palaço, et a outras tres personas epus o postromeyro de bos, huna qual o postromeyro de bos nomear en sua bida ou ao tenpo de seu finamento et las outras duas quenes por aquela foren nomeadas de grado en grado susçisybamente huna en pus de outra, et non sendo nomeadas que seia persona deste dicto foro quenes con dereito herdaren os benes do postromeyro de bos ou a mayor parte deles, conben a saber, que bos aforamos o noso lugar de Liulfe, que ias su sygno de San Christouoo de Lestedo, o qual bos aforamos con todas las casas et herdades et cousas perteesçentes ao dicto lugar por onde quer que baan, a montes et a fontes, a tal pleito et condiçion que tenades as casas do dicto lugar corregidas, cubertas et ben reparadas et las herdades ben labradas et todo en boon paramento; et abedes nos de dar et pagar en cada un anno de foro et renta quatro fanegas de pan, linpas de poluo et de palla, medidas por medida dereita enno mes de agosto ou de setenbro, et mays que dedes de cada un anno por dia de Trasfiguraçion un boon carneyro con un barril de boon byno; et do al que seiades basalos, serbentes et obedientes do dicto moesteyro bos et las dictas personas depus de bos; et que non posades bender nin supynorar este dicto foro a ninguna persona sen que primeyramente nos, lo dicto prior et freyres, con el seiamos frontados et requeridos, et se o queremos porlo justo preço que outro por el der que o aiamos et se non queseremos que con nosa licençia et abtoridad o bendades a tal persona que seia semellable de bos et que cunpra, pague et atenda todas las condiçionos desta carta et cada huna delas; et asymismo non pagando este dicto foro en dous annos que por lo mismo caso o dicto foro seia baco et de ningun balor; et cada persona como subçeder en este dicto foro seia obrigada de se byr presentar ante o dicto prior et freyres dentro de trinta dias, et non se presentando que eu, o dicto prior, seia dello quanto este dicto foro se quiser ou non. | [+] |
| 1495 | PSVD 186/ 449 | Sepan quantos esta carta de aforamento biren como nos don Aluaro Basques, prior del monesterio conbentual de San Saluador de Bilar de Donas, de la orden et cabalaria de Santiago de la Espada, con outorgamento et consentimento de Symon Rodrigues, de Sabynaano, et de Fernando Afonso, de Lamas, et de Gomes Ares, de Castro, freyres de la dicta Orden et canonigos en dicto moesteyro, por esta presente carta outorgamos et confirmamos que aforamos et damos en aforamento et por rason de foro a bos Juan, de Sesnande, que presente estades, et a bosa moler Costança Fernandes et a outras duas personas depus do postromeiro de bos; huna qual o postromeyro de bos nomear en sua bida ou ao tenpo de seu finamento e la outra qual por aquela for nomeada, huna apus de outra, et non sendo nomeadas que seian personas deste dicto foro quenes con dereito herdaren bosos benes do postromeyro de bos, conben a saber, que bos aforamos como dicto he o noso lugar et casal da Torre, que ias su signo de Santiago de Mosteiro; o qual bos aforamos con todas suas casas et herdades et cousas del pertesçentes, a montes et a fontes por donquer que baan et ao dicto mosteiro pertenescen, a tal pleito et condiçon que façades enno dicto lugar huna boa casa de morada en estes primeiros dous annos seguentes e ha tenades feita et cuberta, et todas las herdades ben labradas et todo en bono paramento como se non perga por cousa ninguna por mingoa de . . . et todo mellore et non enpiore; et abedesnos de dar et pagar en cada hun anno de foro et renta tres fanegas de pan enno mes d ' agosto ou de setenbro, medido por medida dereita da terra, et un boon carneiro bello por cada dia de Transfiguraçon con un barril de boon byno, todo en cada un anno; et do al que seiades basalos, serbentes et obedientes ao dicto mosteyro; et que non posades bender nen supynorar este dicto foro a ninguna persona sen que primeyro frontedes con el ao prior e freyres do dicto mosteyro e se o quiseren por lo justo preço que outro por el dar que o aian, e non no querendo que con sua liçençia ho bendades a tal persona que seia semellable de bos, que cunpra, pague et atenda todas las condiçonos desta carta et cada huna delas; et asymesmo non pagando este dicto foro en dous annos que porlo mesmo caso seia baco e de negun balor; et cada persona como suçeder que se bena presentar por persona dentro de trinta dias, et non se presentando que eu, o dicto prior, et freyres seia dello quitaren este dicto foro se quiseren ou non; et a pasamento da postromeira persona de bos, las suso dictas, que este dicto foro fique libre, quito e desenbargado ao dicto moesteyro con todos los bonos paramentos e melloramentos en el feytos. | [+] |
| 1495 | PSVD 187/ 450 | Sepan quantos esta carta de aforamento biren como nos, don Aluaro Baasques de Palaço, prior del monesterio conbentual de San Saluador de Bilar de Donas, de la orden et cabalaria de Santiago de la Espada, con outorgamento et consentimento de Symon Rodrigues, de Sabynaano, et de Fernando Afonso, de Lamas, et de Gomes Ares, de Castro, freyres de la dicta Orden et canonigos del dicto monesterio, por esta presente carta outorgamos et conosçemos que aforamos et damos en aforamento et por raçon de foro a bos Fernan Peres, de Ferreyra, fillo de Afonso Martines et de Ynes Afonso, de Mosteiro, que presente estades, et a outras duas personas depus que bos, huna qual bos nomeardes en bosa bida ou ao tenpo de boso finamento et a outra qual pur aquela for nomeada, huna enpus de outra, et non sendo nomeadas que seian personas deste dicto foro quenes con dereito herdaren bosos benes ou a mayor parte deles conben a saber, que bos aforamos os lugares et casares de Sant Martyno da Debesa et os lugares de Bila Sennor et da Riba los quales dictos lugares de Bila Sennor et da Riba iasen et son sytos enna fryguesia de Santiago de Mosteiro; los quales bos aforamos asy con todas las casas et herdades et entradas et saydas et montes et prados et pascos et hermitas, segun que aos dictos lugares et casares pertesçen en qualquer manera et pur qualquer raçon, a tal pleito et condiçon que fagades as casas de nobo ennos casares de Sant Martyno en estos primeiros tres annos seguentes et as tenades feytas et cubertas et las herdades ben labradas et todo en boon paramento de tal manera que todo mellore et non enpiore; et abedesnos de dar et pagar en cada un anno de foro et renta a nos et a nosos suçesores, conben a saber, dos casares de San Martyno oyto fanegas de pan et un boon carneiro bello con un barril de boon byno, et do lugar et casal da Riba outras oyto fanegas de pan et outro carneiro bello con outro barril de boon byno; los quales dictos dous carneiros con os dictos dous barris de byno abedes de traser ao dicto moesteiro pur cada dia de Trasfiguraçon, et o pan abedes de pagar enno mes de agosto ou de setenbro, medido pur medida dereita da terra, todo en cada hun anno; et do al que seiades basalos, serbentes et obedientes do dicto moesteiro todos los que bebyren et moraren ennos dictos casares; et asymismo non pagando este dicto foro en dous annos que porlo mismo caso seia en si de ningun balor; et cada persona como suçeder en este dicto foro seia obrigada de se byr presentar pur persona dentro de trinta dias, et non se presentando que eu, o dicto prior, et freyres seia delle quitaren este dicto foro se quiseren ou non; et o pasamento da postromeira persona de bos, as suso dictas, que este dicto foro fique libre, quito et desenbargado ao dicto mosteiro con todos los bonos paramentos et melloramentos en todo elo feitos. | [+] |
| 1496 | PSVD 190/ 455 | Sepan quantos esta carta de aforamento biren como nos don Aluaro Basques de Palaçio, prior del monesterio conbentual de San Saluador de Bilar de Donas, de la orden et cabalaria de Santiago de la Espada, con outorgamento de Symon Rodrigues, de Sabynaao, et de Fernando Afonso, de Lamas, et de Martyno, de Sanjurjo, freyres de la dicta Orden et canonigos enno dicto monesterio, porlo tenor de la presente outorgamos et conosçemos que aforamos et damos en aforamento et por razon de foro a bos Juan, de Bila Mourel, que presente estades, et a bosa muller Costança Basques et a outras tres personas depus o postromeyro de bos, huna qual o postromeyro de bos nomear en sua bida ou ao tenpo de seu finamento et as outras duas quenes por aquela foren nomeadas de grado en grado suçesybemente huna enpus de outra, et non sendo nomeadas que seian personas deste dicto foro quenes con dereito herdaren os benes do postromeyro de bos, conben a saber, que bos aforamos a metade de toda a aldea de Bila Mourel, con todas suas casas et herdades et entradas et seydas, a montes e a fontes por donde quer que baan; la qual dicta aldea iaz et he syta dentro enno couto do dicto monesterio de Bilar de Donas; la qual dicta metade da dicta aldea bos aforamos con todas suas casas e herdades; et que tenades las dictas casas feytas et cubertas, et todas las herdades ben labradas como se non perga cousa nenguna por mingoa de labor e de boon paramento; et abedes nos de dar et pagar en cada un anno de foro e renta duas fanegas de pan enno mes de agosto ou de setenbro, linpo de poluo et de palla, medido por medida dereita do dicto couto, que he o çelamin de Milide, e por cada dia de natal quatro capones çebados con un barril de boon byno de tres medeos; et do al que seiades basalos, serbentes e obedientes do dicto monesterio e non ingratos nin desconosçidos; et que bos, o dicto Juan, de Bila Mourel, et bosas bozes partades yrmaamente este dicto foro con Catalina Ares, yrmaa da dicta Costança Basques, et con seus fillos et de Fernando de Lousado durante o tenpo do dicto foro; et que non posades bender nin supynorar a nenguna persona sen que primeramente con el frontedes ao prior et freyres do dicto monesterio et se o quiseren porlo justo precio que otro por el der que o aian, et se non quereren, que con sua liçençia ho bendades a tal persona que seia semellable de bos et que cunpra et pague todas las condiçiones desta carta et cada huna delas; et asymismo non pagando este dicto foro en dous annos que seia baco et de ningun balor; et cada persona como suçeder por persona se benna presentar por persona dentro de trinta dias primeros segentes et non se presentando que eu, o dicto prior, et freyres seia delle quitaren este dicto foro se queseren ou non; et o pasamento da postromeira persona de bos suso dictas que o dicto foro fique ao dicto monesterio libre, quito e desenbargado con todos los bonos paramentos e melloramentos en el feytos. | [+] |
| 1496 | PSVD 191/ 457 | Sepan quantos esta carta de aforamento byren como nos don Aluaro Basques de Palaço, prior del monesterio conbentual de San Saluador de Bilar de Donas, de la orden et cabalaria de Santiago de la Espada, con outorgamento de Symon Rodrigues, de Sabynaao, et de Fernando Afonso, de Lamas, et de Martyno, de Sanjurjo, freyres de la dicta Orden et canonigos enno dicto moesteyro porlo tenor da presente carta outorgamos et conosçemos que aforamos et damos en aforamento et por raçon de foro a bos Afonso de Lamas, que estades presente, et a uosa muller Maria Afonso et a outras tres personas depus o postromeyro de bos, huna qual o postromeyro de bos nomear en sua bida ou ao tenpo de seu finamento et as outras duas quenes por aquela foren nomeadas de grado en grado suçesybemente huna en pus de outra; et non sendo nomeadas que seian personas deste dicto foro quenes con dereito herdaren os benes do postromeyro de bos, conben a saber, que bos aforamos como dicto he o noso lugar de Marronteyro con todas suas casas et chantados et moyno et con todas suas entradas et seydas, a montes et a fontes segun et enna maneyra que bos agora tragedes a jur e a donaçon, con mays o casario de Baypaas, os quaes son sytos dentro enno couto do dicto mosteyro, a tal pleito e condiçon que tenades las casas do dicto casal de Marronteyro feytas et cubertas et todo el ben labrado et reparado como se non por cousa ninguna por mingoa de labor et de boo paramento; et abedesnos de dar et pagar en cada un anno de foro et renta por todo o suso dicto quatro fanegas de pan, linpas de poluo et de palla, enno mes de agosto ou de setenbro, medidas por medida dereita do dicto noso moesteyro que he o çelamin de Melide, et por cada dia de San Juan Bautista un boon carneyro bello con un boon barril de boon byno de tres modios; et do al que seiades basalos, serbentes et obedientes ao dicto moesteyro et non ingratos nin desconosçidos; et que non posades bender nin supynorar este dicto foro a nenguna persona sin que primeramente frontedes con el ao prior et freyres do dicto moesteyro se o queseren por lo justo preço aian et se o non queseren que con sua liçençia o bendedes a tal persona que seia semellable a bos et que cunpra et pague et atenda todas las condiçiones desta carta et cada huna delas; et asymeesmo non pagando este dicto foro en dous annos que porlo mesmo caso seia baco et de nengun balor; et cada persona como suçeder en el dicto foro seia tyuda et obrigada de se byr presentar por persona dentro de trinta dias primeyros syguientes, et non se presentando que eu, o prior, et freyres seia dello quitaren este dicto foro ou non; et a pasamento da postromeyra persona de bos, las suso dictas, que o dicto foro fique ao dicto moesteyro libre et desenbargado con todos los bonos paramentos et melloramentos en el feytos. | [+] |
| 1496 | PSVD 192/ 459 | Sepan quantos esta carta de aforamento biren como nos don Aluaro Basques de Palaço, prior del monesterio conbentual de San Saluador de Bilar de Donas, de la orden de cabalaria de Santiago de la Espada, con outorgamento de Symon Rodrigues, de Sabynaao, et de Fernando Afonso, de Lamas, et de Martyno, de Sanjurjo, freyres de la dicta Orden et canonygos del dicto monesterio, por la razon de la presente carta outorgamos et conosçemos que aforamos et damos en aforamento a bos Diego Ares, de Tyulfe, que presente estades, et a bosa muller Maria, de Tyulfe, et a outras tres personas depus o pasamento de bos, huna qual o postromeyro de bos nomear en sua bida ou ao tenpo de seu finamento et as outras duas quenes por aquela foren nomeadas de grado en grado suçesybamente huna en pus de outra, et non sendo nomeadas que seian personas deste dicto foro quenes con dereito herdaren os benes do postromeyro de bos, conben a saber, que bos aforamos a metade de toda a aldea de Tyulfe con todas suas casas et herdades et entradas et saydas a montes et a fontes segun que bos agora tragedes a jur et a ma . . . , o qual ias dentro enno couto de Bilar de Donas, que he do dicto monesterio, a tal pleito et condiçion que tenades las casas feytas et cubertas et todas las herdades ben labradas et en boon paramento; et abedes no de pagar et dar en cada un anno de foro et renta çinquo fanegas de pan enno mes de agosto ou de setenbro, linpas de poluo et de palla, medidas por medida dereita do dicto moesteyro, que he porlo çelamin de Melide, et un carneyro bello por dia de San Juan Bautista con un barril de boon byno de tres medeos, et por cada dia de natal quatro caponos cebados con outro tal barrill de byno, todo en cada un anno, posto enno dicto mosteyro, et do al que seiades basalos, serbentes et obedientes do dicto mosteyro et non ingratos nin desconoçidos; et que non posades bender nin supynorar este dicto foro a ninguna persona sen que primeyramente frontedes con el ao prior et freyres do dicto mosteyro, et se o queseren porlo justo preço que outro por el der que o aian, et non ho querendo que con sua liçençia ho bendades a tal persona que seia semellable a bos et cunpra et pague todas las condiçonos desta carta et cada huna delas; et asymesmo non pagando este dicto foro en dous annos que porlo mesmo caso seia baco et de nengun balor; et cada persona como suçeder por persona seia tyuda et obrigada de se byr presentar por persona dentro de trinta dias primeros siguentes, et non se presentando que eu, o dicto prior, et freyres seia dello quitaren este dicto foro se quesen ou non; et a pasamento da postromeyra persona de bos, las suso dictas, que o dicto foro fique ao dicto moesteyro libre, quito et desenbargado con todos los bonos paramentos et melloramentos en el feytos. | [+] |
| 1497 | PSVD 197/ 488 | Sepan quantos esta carta de aforamento biren como nos don Aluaro Basques de Palaço, prior del monesterio conbentual de San Saluador de Bilar de Donas, de la orden et cabalaria de Santiago de la Espada, con outorgamento de Symon Rodrigues, de Sabynaao, et de Fernando Afonso, de Lamas, et de Gomes Ares, de Castro, et de Martyno, de Sanjurjo, freyres de la dicta Orden et canonigos enno dicto monesterio, por esta presente carta outorgamos et damos en aforamento et por razon de foro a bos Afonso de la Torre, que presente estades, e a otras tres personas depus de bos, huna qual bos nomeardes en bosa bida ou a tenpo de boso finamento et as outras duas quenes por aquela for nomeadas de grado de huna enpus de outra, et non sendo nomeadas que seian personas deste dicto foro quenes con dereito herdaren bosos benes ou a mayor parte deles, conben a saber, que bos aforamos un dos lugares de Bila Mourel, ao qual dicto lugar pertesçe a metade de las casas e herdades de toda a dicta aldea de Bila Mourel, o qual bos aforamos con todas suas casas e herdades e çeleyros, a montes et a fontes segun que bos agora tragedes a jur enna maano et a posyson polo dicto monesterio, o qual ias e he syto dentro enno noso couto de Bilar de Donas, o qual bos aforamos a tal pleito et condiçon que tenades las casas feytas e cubertas e moradas e ben reparadas e todas las herdades ben labradas e todo en boon paramento; et abedesnos de dar e pagar en cada hun anno de foro et renta duas fanegas de pan, linpas de poluo et de palla, medydas por medida dereyta do dicto couto, que he porlo çelamin de Milide, pagas enno mes de agosto ou de setenbro, et por cada dia de Pascoa un cabrito con seus obos e un barril de boon byno de açunbre e medio; et do al que seiades basalos, serbentes et obedientes e non ingratos nen desconosçidos; et que non posades bender nen supynorar este dicto foro a ninguna persona sin que primeiro frontedes con el ao prior e freyres do dicto monesterio, e se o quiseren porlo justo preçio que outro por el de que o aian, e se non o quiseren que con sua liçençia ho bendades a tal persona que seia semellable de bos e que cunpra, pague e atenda todas las condiçoes desta carta e cada huna delas; et asymesmo non pagando este dicto foro en dous annos que por elo mesmo eso seia baco o de ningun balor; e cada persona como suçeder enno dicto foro que seya tyuda e obrigada de se bir e presentar por persona antes de trinta dias primeyros siguientes, e non se personando que dicto prior et freyres seian dello quitaren este dicto foro se quiseren; et o pasamento da postrimeyra persona de bos, as suso dictas, que dicto foro fique ao dicto monesterio libre, quito e desenbargado, con todos los bonos paramentos e melloramentos en el feytos; et que aiades de partyr primeraamente este dicto foro durante seu tenpo con bosa yrmaa Moor Afonso e con suas boses. | [+] |
| 1499 | PSVD 199/ 492 | Sepan quantos esta carta de aforamento biren como nos don Aluaro Basquez de Palaço, prior do mosterio conbentual de San Saluador de Bilar de Donas, que he da horden de Santiago de la Espada da horden da cabalaria, con outorgamento de Simon Rodrigues et de Fernand Afonso de Lamas et dos outros freyres et canonigos que connosco son iuntados en nosos cabido segun que abemos de custume, aforamos a bos Juan Basques de Maçeeda et a outras tres personas desde bos, huna qual bos nomeardes en bosa bida ou ao tenpo de boso finamento et a primeyra nomee a segunda et a segunda que nomee a terceyra et asy suçisibemente, huna en pos de outra, et non sendo por bos nomeadas como dicto he que seia bos et persona deste dicto foro aquel ou aquela que de dereyto herdar bosos benes ou a mayor parte deles, conben a saber, que bos aforamos et arrendamos como dicto he o noso lugar et casar de Sobre Riba, que o dicto noso mosteiro ha enna fregresia et sub signo de San Miguel de Maçeda, o qual todo bos aforamos et arrendamos como dicto he con suas entradas et saydas, a montes et a fontes, con tal pleyto et condiçon que tenays las casas do dicto lugar feytas et reparadas et moradas et as herdades ben labradas et todo en boon paramento et nos dedes de foro et renda cada un anno bos et as dictas bosas boses a nos et a nosos suçesores des çeramis de pan linpo de poo et da palla, midydos por lo çeramin dereito de Milide, pagos enno dicto lugar enno mes de agosto ou de setenbre; et as dictas bosas boses nos an de dar a nos et a nosos suçesores por cada dia de Trasfiguraçion un boon carneiro bello con un barril de bon byno posto enno dicto noso mosteyro; et do al que seiays basalos serbentes et obedientes bos et as dictas bosas boses a nos et a nosos suçesores; et non bendereys nen deytareys este dicto foro sen nosa liçençia et de nosos suçesores; et non pagando este dicto foro et renda en dous annos que seia baco, querendo nos; et cada persona como suçeder en este dicto foro que se benna presentar por bos deste dicto foro en termio de trinta dias, et non se presentando que en nos seia desenbargado ao dicto mosteyro. | [+] |
| 1499 | PSVD 200/ 493 | Sepan quantos esta carta de foro e arrendamento biren como nos don Albaro Basquez de Palaço, prior do monesterio de San Salbador de Byllar de Donas que he da horden e cabalaria del sennor Santiago de la Espada, con outorgamento de Symon Rodrigues de Sabynaao et de Fernando de Lamas et de Gomes Ares de Castro e dos otros freyres et canonigos que connosco son iuntados en noso capytulo por tangemento de canpana segun uso et costume do dicto noso monesterio, aforamos et arrendamos a bos Pedro Gyraldes et a otras tres personas depus de boso fynamento, una qual bos nomeardes en bosa bida ou ao tenpo de boso falesçemento et otra qual por aquel o for nomeada, asy de grado en grado una en pus de otra suçesybemente, conben a saber, que bos aforamos et arrendamos como dicto he o noso lugar et casar de Sesulfe, que he su syno et enna fregesya de San Juan das Antas, o qual dicto lugar et casar bos aforamos con todas suas entradas et saydas, a monte e a fonte, con todas suas casas et herdades labradas et por labrar pertenesçentes ao dicto lugar et casar, con tal pleito et condiçion que fagades et corregades nobo una casa enno dicto lugar et ha tenades feita et corregada et reparada et morada, probada, con as herdades ben labradas et todo en boon paramento, de manera que nintira cousa de todo ello se perga por mingoa de labor et reparon et boon paramento. | [+] |