1458 |
VFD 332/ 346 |
En este dia, Johán Branco, coengo, feso juramento ante o Señor Corpus Xqisty consagrado, que estaua eno dito almario, de non dar fauor nen ajuda nen consello por sy nen por outro ao dito señor obispo et seu prouisor et aos seus, nen dar nen envyar, por sy nen por outro, mandaría nen mesageen nehua, nen bastamento nehún, nen consello nehún, nen noua nehua, pera o qual feso juramento en forma deuida etc. et de non auer asoluçón deste juramento por papa nen por outro prellado nehún de Santa Iglesia, et de mays, se fose achado que y ou pasase contra elo, que pagase de pena ao dito conçello dosentas dobras douro, pera o qual deu por fiador a Martín Peres de Reça, carniçeiro, vesiño da dita çidade, o qual se abrigou da man común con o dito Johán Branco a pagar as ditas dosentas dobras, se en elo caese et contra elo fose ou pasase, pera o qual anbos de man común abrigaron a sy et a seus bees de man común, et deron poder a qual quer justiça, pero, sendo ygoallados o dito conçello con o dito señor obispo et o seu prouisor e os seus, que dende y deante non caia en pena alguna por yr ao castello etc. |
[+] |
1477 |
MSPT 41/ 283 |
Et pedimos et rogamos et damos todo noso poder conpreto a qalquer alcalde, juys ou justiça, asy eclesiástica como seglar, ante quen esta carta de foro paresçer, que vos la faça de nos conprir et abrigar, a tan ben et a tan conpridamente, commo se sobre elo fose dada çerta sentença por juyçes conpetentes que pera elo ouvesen o poder et a tal sentença fose dada entrepartes et ficase consentida et pasada en cousa julgada. |
[+] |