1428 |
SVP 115/ 186 |
E mays outro pedaço de monte que jaz a par da lama da Toouça e encaueça encima en no camiño que ven d ' Amande e con o vaçelo de Tareija Fernandes vosa tia, que jaz a par das auelaayras de viña d ' Oso, e con todos los casarelos que estan en na Touça onde o dito Iohan Afonso monje feso a aluariça; e mays huna leira de viñna que jaz en no Varreo, que son dous e meẽã cauadura; e mays a cortinna da seara que fezo o dito Iohan Afonso, onde estan as oulibeyras, a par do rigueyro; e con o vaçelo que el poso aos moynnos vellos; e outros dous leiros de viña que jazen junto con o rigueyro do Chãão, viindo do chãão para Ribada; e outros dous tarreos de viña que jazen ao Pumarello, junto con a congostra que ven do rio; e outrosy o vaçelo que poso o dito Iohan Afonso en na cortinna do Couso; e mays quatro omẽès cauadura de viña que jazen en Vilanoua en no Couso; e outrosy vos aforamos hun pedaço de souto que jaz en Rio de Moura sobre lo camiño que uay para Moura, e mays o quinon dos castineiros que acaesçeron ao dito Iohan Afonso, monje, por parte de seu padre Afonso Rubio, e con huna casa e con hun terreo que era en no lugar do Outeiro; outrosy vos aforamos mays con esto que sobredito he todas las outras herdades de casas e viñas e soutos e herdades e propriedades que o dito Iohan Afonso teuo a jur e a mãão; e con a nosa cortiña de Çenfogos, saluante os castineiros de Gonçaluo de Riba de Sil e de Moor Peres; e todo con suas entradas e seydas e dereitos e perteenças a montes e a fontes per uquer que vããn su signos do dito moesteiro e de Seoane de Moura e en todos seus terminos, e con tal pleito que moredes o dito lugar e tenades as ditas casas cuuertas e ben reparadas e que ponades todos los ditos terreos de monte que se aan poner de uiña noua, e entrechantedes las outras viñas de vaçelos nouos onde se conpliren, e chantedes este dito Vergen ou en outro lugar quareenta azeytuneiros e roçedes os soutos e castineiros e ponades a dita cortiña de Çenfogos de castineyros e enxertedes eçepedes e lauredes e paredes todo ben per vos ou per outro en tal maneira que todo seja ben labrado e ben reparado, conmo se non percan os nouos per mingoa de lauor e de bõõ paramento; e que nos diades vos o dito Iohan Gonçales e a primeyra pesoa que ficar en vossa uoz a quinta de todos los nouos que Deus y der en cada hun anno en nas ditas herdades e viñas e castineyros: o viño a bica do lagar e as castañas secas e linpas a a deçeda do caniço; e depoys de vosa morte e da dita plimeyra pesoa, que nos dian as outras tres pesoas postromeyras quarta de todos los nouos en cada hun anno, conmo sobredito he. |
[+] |