1455 |
VFD 290/ 310 |
Ano de LV, a XVI dias de juyo, en Ourense, ena orta do concello, estando y presentes os juises e rejedores da dita çidade et Diego Dias, procurador, e parte dos vesiños da dita çidade, logo todos tomaron por testemuyo que por rasón que o bispo d ' Ourense e seu prouisor pedía bestas enprestas aos vesiños da dita çidade et tomaua por uso et costome, que protestauan que se alguun vesiño da dita çidade, por rogo do dito señor obispo e prouisor, quisese enprestar suas bestas, que as enprestase boamente, se quisese, mays non por uso nen costome nen posisón que sobre elo tomasen, por quanto nonca tal fora, nen eran obrigados a ello etc, et de mays que protestaua que ó dereito do dito conçello non parase perjuiso etc. |
[+] |