1444 |
LCP 165/ 170 |
Este dia ẽno dito Conçello, o dito Sueiro Gomes requereu aos ditos juis, alcaldes jurados que por quanto se cometera hũu reto ontre Sueiro de Remiron e Rui de Portas, e eles non eran vesiños nen moradores ẽna dita villa, e por rason que eles nen cada ũu deles non bolvesen roido nen fesesen ajuntamento de omes ẽna dita vila para que aos vesiños e moradores da dita vila non viese dapno algũu nen asimesmo a noso señor deserviçio algũu, que el botara fora da dita vila ao dito Sueiro de Remiron, e por ende que lles requeria que logo fesesen asimesmo botar fora da dita vila ao dito Rui de Portas para que fesesen seus retos fora da dita vila. |
[+] |