1436 |
FDUSC 305/ 380 |
He a saber,que por razon que eu o dito Gomes Afonso et a dita miña moller Clara Dominges avemos et herdamos enno dito lugar de Villar de Canbeyro et en suas herdades et en toda a fligrisia de san Pero d ' Outes çertas herdades, casas et casâês, eyras et formââs et chantados et deuesas et arrôôs et brabadegos et senorio do dito Villar, os quaes nos perteesçen por herança de Juan de santa Maria dos Villares, a que Deus perdon, et por conpras que delas fezemos a Tareija de Soeuos, filla de Afonso Morzello, marido que foy de vos a dita Moor de Villar, et a seu marido Juan de Soeuos, et por outras conpras et gaanças que y ajamos asta este presente dia; et por quanto as ditas herdades jazen de conpaña enno dito lugar et fregresia con outras herdades et casas et chantados que vos a dita Moor de Villar avedes enno dito lugar de Canbeyro et fligrisia de san Pedro d ' Outes, as quas vos perteesçen por herança de voso padre et madre et avôôs, et por conpras que delas fezeron cono dito Afonso Morzello, voso marido, que foy, et por outras quaesquer conpras et gâânças que nos y perteesçen en qualquer maneira quer, et por qualquer outra razon fasta este presente dia; et por quanto as ditas casas et herdades et chantados andan juntas et estan por partir et montan mays as conpras que vos o dito Gomes Afonso teendes que as miñas de min a dita Moor de Villar, et por quanto avemos perfia et debate sobre la partiçon das ditas herdades, por ende, de nossos prazeres et libres vôôntades, sen outra premia et constrengemento alguun fazemos tal aviinça et paauto: |
[+] |
1436 |
FDUSC 305/ 380 |
Que todas las erdades et casas et chantados que nos et cada hunn de nos avemos enno dito lugar de Villar de Canbeyro et en suas herdaduras et en toda a fligrisia de san Pedro d ' Outes, que as ajamos et herdemos de aqui endeante para todo senpre de meo a meo; que eu o dito Gomes Afonso et miña moller Clara Dominges et as nossas vozes ajamos et herdemos a meatade enteyramente de todas las sobreditas casas et herdades et chantados et deuesas et brabadegos et montes et señorios, et façamos delo et de parte delo nos et nossas vozes toda nossa voontade para todo senpre conmo de nossa cousa propria sen enbargo de uos a dita Moor de Villar et de todas vossas vozes et doutro alguun; et eu a dita Moor de Villar et miñas vozes aja et herde para todo senpre a outra meatade das ditas herdades et casas et chantados et deuesas et brabadegos et señorio sen enbargo de vos o dito Gomes Afonso et de vossa moller et de todas vossas vozes et faça delo miña voontade para senpre, conmo da miña cousa propia. |
[+] |
1436 |
FDUSC 305/ 381 |
Et desde oje este presente dia endeante queremos et outorgamos cada huna de nos partes sobreditas et nossas vozes vââ a sua meadade das ditas herdades et casas et chantados et deuesas et brabadegos et señorio do dito villar de Canbeyro, huun sen enbargo do outro, et o outro do outro. |
[+] |
1438 |
FDUSC 315/ 398 |
Sabean todos que eu Juan Afonso de Quinteela, morador que he enna frigesia de santo Ourente d ' Entiins, que faço por min et por mina moller Meçia Lopes, que he absente, ben asi conmo se fose presente, da qual me obligo de dar outorgamento de todo o adeante en este estromento contiudo, so a pena ajuso escripta, per min et per meus bêês, que para elo obligo, outorgo et conosco a vos Gomes Afonso, notario da vila de Muro, et a vosa moller, que ora he Clara Dominges, que presente estades; conven a saber que por razon que vos et eu et a dita mina moller Meçia Lopes et os herêês de Môôr Lopes de Finsterre, et os herdeiros de Meçia Lopes de Muro, madre da dita Clara Domingues, moller de vos o dito Gomes Afonso, avemos a meadade entregamente de toda a vila de Quinteela con suas herdaduras, ondequer que vaan a montes et a fontes, e a outra meadade da dita vila han os de Landeyra et Garçia de Carnota et seus hyrmââos; et por quanto estamos parados et hearados conos de Landeyra et Garçia Carnota et seus hyrmâôs et têêmos et pesuymos et hearamos a dita meadade da dita uila en nosa parte, enna qual nosa meadade da dita vila cabe todo o paaço en que eu et a dita Meçia Lopes, mina moller, moramos no dito lugar de Quinteela, conas viñas et herdades, casas et chantados et deuesas et aruores, arrôôs et barbadegos ondequer que foren a montes et a fontes no dito lugar de Quinteela et en suas herdaduras, segundo que estan partidas et estremadas da outra meadade da dita vila, que asi perteeçe aos de Landeyra et Garçia Carnota, do qual paaço et viñas et casas et herdades et deuesas et chantados et brabadegos que asi foron a nos enna dita nosa meadade da dita vila, vos o dito Gomes Afonso et Clara Domingues auedes a meadade de todo elo enteiramente et a vos perteesçe por conpra que delo fezestes a Costança Afonso de Noya, filla de Ferran Afonso da Corredoyra, que vos lo vendeo; et avedes mays vos a dita Clara Domingues e vosos yrmââos a terça parte enteiramente da outra meadade do dito paaço et viñas et herdades et deuesas et chantados, que vos perteesçen por la dita Meçia Lopes, madre da dita Clara Domingues; et por quanto eu a dita Môôr Lopes de Fiinsterre et Meçia Lopes de Muro, et por quanto Pay Marino de Lobeyra poso baçelos en huna leyra de herdade que tiina a dita Costança Afonso por ayra et teença amigauelmente; et por quanto eu o dito Juan Afonso podey et choyn et fiz cauar o dito baçelo de viña, digo et confeso et outorgo que o choy et podey et fiz cauar por vos o dito Gomes Afonso et Clara Domingues, vosa moller, asi conmo voso têêdor et labrador que soo de vosas herdades, que asi ouuestes et foron da dita Costança Afonso et Meçia Lopes vosa sogra; et confeso et outorgo que vos o dito Gomes Afonso et vosa moller auedes a meadade enteyramente do dito paaço et viña et herdades et casas et deuesas et chantados et arrôôs et brabadegos ondequer que foren a montes et a fontes et vos perteeçen por la dita Costança Afonso; et mays un terço da outra meadade do dito paaço et viñas et herdades por la dita Meçia Lopes de Muro, madre da dita Clara Domingues et seus yrmââos. |
[+] |
1438 |
FDUSC 315/ 399 |
Et por este presente estormento quero et outorgo et constituome por voso têêdor et posoydor do dito paaço et viñas et herdades et deuesas et casas et chantados sobreditos, segundo que suso son declarados et delimitados, et cousas a eles perteesçentes, et por vos et en voso nome et de vosa mââo et jur et posison o têêmos et non por outro alguun; et vos dey et paguey ata aqui et recudi conos frutos et rendas et nouidades das ditas herdades; et se alguna cousa dela deueremos, que sôô eu et a dita miña moller prestes de o pagar o que for achado por conta verdadeira das ditas herdades que asi foron da dita Costança Afonso et da dita Meçia Lopes de Muro; et que as teuemos eu et a dita mina moller por la dita Costança Afonso et Meçia Lopes segundo dito he, et agora que as têêmos et terremos et posuymos por vos o dito Gomes Afonso et Clara Domingues en quanto for vosa voontade, et vos daremos et recudiremos conos frutos et rendas delas, et que de vos eu delas dei en cada huun anno en quanto as asi teueremos et moraremos et labraremos, por quanto as têêmos et labramos por vos asi conmo vosos labradores; et cada et quando que vos o dito Gomes Afonso et Clara Domingues quiserdes as ditas herdades et poer outro labrador en elas, que vos las entreguemos, conuen a saber: a dita vosa meadade do paaço et viñas et herdades et casas et chantados et deuesas et arrôôs et brabadegos et cousas a elas perteesçentes, que vos asi perteesçen por la dita Costança Afonso de Naya, et que lle asi conprastes, et mays a outra terça parte da outra meadade das ditas casas et herdades por la dita Meçia Lopes de Muro, vosa sogra, ou a parte que vos dela vier per partiçon, a qual partiçon ajo eu et a dita mina moller de fazer con vosco; et prometo et outorgo de a fazer convosco doje este dia da feita desta carta fasta san Migell de setenbro primeiro que ven, ou fasta san Martiño de nouenbro primeiro seguinte; et dende endeante cada et quando que vos ou vosas vozes quiserdes partir, que partamos. |
[+] |
1439 |
FDUSC 317/ 403 |
Sabean todos que eu Gil de Camaño, morador enno Souereiro, que he enna fregesia de santo Ourente d ' Entiis, fillo que sôô de Lopo de Camaño e de sua moller Costança Lopes, que Deus perdone, que presente sôô, que faço por min e por todas minas voses, aforo e dou por foro e por rason e nonbre de foro a uos Gomes Afonso, notario da vila de Muro, e a vosa moller que ora he Clara Dominges, que presentes estades, moradores que sodes na dita vila de Muro, e a todas vosas vozes e erdeiros, conuen a saber, todas llas erdades e casas e casares e eyras e formâês e moynos, feas e chantados e deuesas e arrôôs e brabadigos que eu ey e a min perteeçen en Arcos e Nongilde e en Graiun e en Figeira e en toda a fregesia de Santiago d ' Arcos, e en suas erdaduras ondequer que vaan a montes et a fontes na dita fregesia; e eso mesmo todas las erdades e casas e chantados que eu ey e a min perteesçen en Xibis e en suas erdaduras, que he enna fregesia de san Saluador de Culus; e eso mesmo todas las erdades e casas e casaes e eyras e formâês que eu ey e a min perteeçen en Beba e en toda a fregresia de san Giâô de Beba, ondequer que vaan a montes et a fontes na dita fregesia; eso mesmo todas las erdades e casas e casaes e eyras e formâês, ortas e moynos e deuesas e brabadegos e chantados que eu ey e a min perteeçen enno lugar da Siluosa e en suas erdaduras et termynos, que he soo syno de santa Marina d ' Esteyro; as quaes erdades e casas e casâêes e eyras e formaes e moynos e feas e deuesas e brabadegos, que eu ayo e a min perteeçen ennos sobreditos lugares e fregesias e en cada huun deles a min perteeçen por la dita Costança Lopes, mia madre, que o teuo de todas llas erdades que a dita madre avia ennos ditos lugares e en cada huun deles a tenpo de seu finamento; e por outras quaesquer conpras e gaanças e eranças que me perteesçen ennos ditos lugares e en cada huun deles. |
[+] |
1439 |
FDUSC 317/ 404 |
As quaes herdades e casas e moynos e chantados e deuesas e arrôôs e brabadegos vos aforo para todo senpre con todas suas perteenças e dereituras e terradegos, que se deuen dos tenpos pasados, e con todas suas entradas e saidas e con todos seus dereitos, quantos ha e lle perteesçen auer asy de vso e custume conmo de feito e de dereito fasta aqui, e de aqui endeante para todo senpre, para que façades delas e en elas e de parte delas de aqui endeante para todo senpre todo o que a vos aprouuer e toda vosa voontade para senpre, conmo de vosa cousa propia, sen meu enbargo e de minas vozes e doutro alguun. |
[+] |
1439 |
FDUSC 317/ 404 |
E por las sobreditas erdades e casas e casâês e eyras e formâêse, chantados e moyños e deuesas e arrôôs e brabadegos sobreditos, que uos asy aforo, vos o dito Gomes Afonso e Clara Dominges, vosa moller, e vosas vozes e herdeiros deuedes de dar e pagar por foro e renda e conoçemento delo a min o dito Gil de Camaño e a minas vozes e erdeiros en cada hun anno por cada huun dia de san Migell de sentenbro doze marauedis de moeda vella desta moeda corrente, contando a branca en tres dineiros e des dineiros por morauedi, ou outra moeda corrente que os valla, foros, quitos e exentos sen en eles sêêr feito desconto alguun; e des aqui endeante eu, o dito Gil de Camaño, e minas vozes e herdeiros non uos deuemos de tirar, nen toller, nen quitar este foro que vos delo faço por mays nen por menos nen por al tanto que me outra persona alguna por elo de, nen prometa, nen por dizer nen alegar que ha y engaño da meadade do justo preço, nen por dizer e alegar que o quero para mina mantença e provison, nen por outra razon e exeçon alguna, caso que seja justa, e que posto que o diga e alege, que me non valla; e outorgo e conosco que non teno nen ajo vendido nen ealleado nen sopinorado nen concanbeado a dita terça parte das ditas herdades, que me asy perteeçen por la dita mina madre en todos los sobreditos lugares e en cada huun deles, que vos asy aforo; non ha en eles igleia nen mosteiro nen outra persona alguna çenso nen outro trabuto alguun; e prometo e me obligo que eu o dito Gil de Camaño e minas vozes volas façamos sââs e de paz, libres e quitas e desenbargadas senpre a todo tenpo a dereito de qualquer presona que uos las enquietar, demandar ou enbargar, para o qual uos obligo a elo min mesmo e a todos meus bêês asy moueles conmo reizes que eu oje este dito dia ey e ouuer e alcançar de aqui endiante, que uos espeçialmente para elo obligo; e por esta presente carta vos dou e outorgo todo meu libre, conplido poder para que vos o dito Gomes Afonso e Clara Dominges, e cada huun de vos e vosas vozes de aqui endiante quando e cada que quiserdes porvosa propia outoridade, sen mandamento de juiz nen d ' alcalde nen doutro ofiçial qualquer, e so pena alguna, posades entrar e teer a teença e jur e posyson de todo esto sobredito que uos asy aforo, e teerlo e vsalo e posuylo, e que façades delo e de parte delo toda vosa voontade para senpre conmo de cousa propia sen meu enbargo e de minas vozes, pagando vos e vosas vozes o dito foro en cada huun anno, segundo dito he. |
[+] |
1444 |
FDUSC 323/ 418 |
Sabean todos que eu Afonso Martins de Gures, fillo que sôô de Fernan Martins de Gures e de sua moller Moor Peres, a quen Deus perdon, por min e por todas minas vozes vendo firmemente e outorgo para todo senpre a vos Gomes Afonso, notario da vila de Muro, e a vosa moller, que ora he Clara Dominges, e a todas vosas vozes, conven a saber, todas las herdades e casas e casares e eyras e formaes e chantados e brabadigos que eu ey e a min perteeçen en todos los Vilares e couto d ' Adraño, que he enna fregesia de sant Mamede de Carnota, ondequer que vaan a montes e a fontes, que he octauo de huun casal de herdade e mays, se hy mays hey; as quaes a min perteesçen por lo dito meu padre e madre e por outra qualquer razon que as eu y aja; as quaes herdades vos vendo por preço e contia de çento e viinte morauedis de moeda vella, contando a branca en tres dineiros e dez dineiros por morauedil, os quaes me logo dades e pagades e eu de vos reçebo en presença do notario e testemoias; e se mays val esto que vos asi vendo, toda esa demayosia vos dou e outorgo en pura e justa e sââ donaçon, e asi conmo doaçon pode seer e de dereito mays valer ontre viuos; e todo jur e posison e dereito e vos e abçon real e corporal que eu [ey] ennas ditas herdades de min e de minas vozes o tiro e tollo e en vos, o sobredito Gomes Afonso, e vosa moller e vosas vozes o poño e traspaso e remouo por esta presente carta de venda que vos delo faço, para que façades delo e de parte delo toda vosa voontade para senpre, conmo de vosa cousa propia, sen meu enbargo e de miñas vozes e doutro algun; e vos ajo de faser de paz esto que vos asy vendo senpre a todo tenpo en juiso e fora del per min e per meus bêês que vos para elo obligo, ondequer que os aja mellor parados, e vos dou poder que vos per vos ou per quen vos quiserdes, sin abtoridade de juiz e de alcalde nen de outra justiça, qualquer que seja, posades entrar e reçeber o jur e posison e propiedade das ditas herdades sen meu enbargo e de miñas vozes e de outro alguno. |
[+] |
1450 |
FDUSC 329/ 430 |
Sabean todos que eu Tareija Ares, morador enna friigesia de santa Conbââ de Carnota, muller que ora sôô de Roy Rocha, que presente esta, e me da liçençia para o adiante contyudo, por min e por todas mias vozes vendo firmemente e outorgo para todo senpre e dou por jur derdade a vos Juan de Recarey, que presente sodes, e a vosa muller, que ora he Mor Garçia, que he ausente, ben conmno se fose presentes, e a todas vosas vozes, conuen a saber, todas llas herdades e casas e casaes e eyras e formaes e chantados e rios e brabadegos, que eu ey e a min perteeçen enna villa de Couello e d ' Adrano, e en suas herdaduras, ondequer que vaan a montes e a fontes, que he so o signo de san Mamede de Carnota; as quaes herdades a min perteeçen por parte de miña auôâ Dominga Martins de Siimill, e por mia madre Moor Dominges, e por meu yrmâô Martin Ares e por mina hirmââ Maria, e por outras quaesquer conpllas e ganças, eranças que me perteçan nos sobreditos lugares e en cada huun delles. |
[+] |
1466 |
FDUSC 338/ 448 |
Sabean todos conmo eu Gonçaluo Franquo de Çepeda, morador enna frigesia de san Mamede de Carnota, que presente soo, de mina libre e propria voontade, que faço por min e por todas minas vozes, outorgo e conosco que por esta presente carta aforo e dou en aforamento doje este dia endeante por tenpo de çento e huun annos e de ali por senpre a vos Fernan Casquiço, vesino do porto de Çee, e a vosa muller Catalina Gomes, e a vosas vozes e suas dela, conuen a saber todas las erdades que eu conprey a Meçia Franqua, miña yrmââ, muller de Alonso Dominges de Louro, morador en Louro, as quaes ditas erdades que asy lle conprey e a vos aforo son sitas enno lugar de Agro longo e ennos villares do Outeiro d ' Adrano, e ondequer que as ela teña ennos ditos lugares, asi casas, casares e eyras e chantados a montes e a fontes e brabadegos que lles asy perteeçen, e a min en seu nome, por parte de Juan Franquo seu padre e por parte de sua madre; por las quaes ditas erdades me avedes de dar e pagar de foro en cada huun anno des morauedis saluados sen desconto alguno por cada dia de san Migell de sentenbro en esta vila de Muro, de cada anno; e ho qual eu conosco e outorgo que reçebo de vos o dito foro de çento e huun annos primeiros segentes, que me dades e pagades en presençia do notario et testimoyas, que monta mill e dez marauedis vellos, onde confeso que soo entrego e pago de todo elo a mina voontade. |
[+] |
1466 |
FDUSC 338/ 449 |
E eu vos non deuo de quitar nen toller o dito foro de aqui endeante en ninhuun tenpo por mays nen por menos que outro por elo me der, nen por diser e alegar que en elo ha engano mays de metade do justo preço nen por outra razon alguna; e prometo e outorgo de vos lo faser saao e de pas a todo tenpo de quenquer que vos lo enbargar por min e por meus bêês, que vos a elo obligo, e vos dou poder conplido que vos, per vos, posades entrar, reçeber o jur, posison de todo lo sobredito e têêr en jur e posuyr todas estas erdades, casas e casares e leyros e formââs e brabadegos e chantados por vos mesmo ou por quen vos quiserdes sen abtoridad de allcalde nen de juis; e façades dello e de parte dello toda vosa vontade conmo de vosa cousa propia sen meu enbargo e de meus erdeyros. |
[+] |