1396 |
MPR 132/ 226 |
Sabean quantos esta carta viren como nos don Johan Fernández, prior do mosteiro de San Pedro de Roquas, e o convento desse mesmo lugar, damos e obtorgamos a vos Pere Annes de Cima de Villa, e a vosa muller Tereyja Afonso, e a vos Fernán Pérez, fillo de Johan Fernández dOuteyro dEspada que foy e a vossa muller María Eanes, en toda vossa vida de vos anbos os ditos Pere Annes e Fernán Pérez e de vossas mulleres, estas sobreditas, e a duas vozes ad pus vosa morte, quaes herdaren os vossos bees de dereito, que seja hua voz en pus outra, convén a saber, hua leira de vina que jas en Martín Codeiro, así como parte con vina de Johan Brinquo e da de Gonçalvo de Fontaao a fondo para o vallado da Batondeira a fondo. |
[+] |